UN CEMITERIO NO MAR MENOR

Este sábado 12 de outubro,  no mar menor, situado na costa de Murcia, aconteceu un suceso impactante. O mar menor é unha albufeira  de auga salgada do mar Mediterráneo, trátase da albufera con maior extensión de España. No ano 1987 aprobouse unha lei para protexer esta albufeira,  a falta da aplicación, anulouse en 2001 provocando que se incrementaran os problemas medioambientais deste espazo natural.     As causas dos problemas no mar menor son:

-O ensanche do canal Estacio para permitir o paso dos barcos, provocou o aumento da salinidade e da temperatura.

-Pérdida de superficie e profundidade, polo arrastre de sedimentos provocados da actividade mineira.

-Vertidos de augas residuais procedentes dos municipios costeiros.

A estos problemas medioambientais sumóuselle un este sábado 12 de outubro, cando apareceron miles de peixes sen vida na praia do Mar Menor. Chegaron a recoller tres toneladas. A causa de todas estas mortes foi pola falta de osíxeno na auga, este tipo de suceso na auga denomínanse augas anóxicas, estes lugares tamén se chaman zonas mortas, que aumentou máis de catro veces nos últimos 50 anos. Ocorre en áreas con un limitado intercambio de auga e con procesos de eutrofización.

Días atrás producíranse unhas inundacións de agua doce sobre a albufeira salgada, aportando moitos nutrientes e moita materia orgánica. A auga doce das inundacións non contén osíxeno,  levando as augas salinas máis pesadas cara abaixo, asentándose estas no fondo. Causando a escasez de osíxeno para a vida dos peixes que habitan nese lugar.

Agora mesmo non se sabe si se vai a recuperar a fauna perdida no mar menor ou si esta ferida medioambiental perdurará no tempo.

 

Carlos Pérez Cambeiro  4º ESO B

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Medioambiente. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta