O QUE NOS CONTAN OS CORAIS

 

CORAL

Según o tipo de información xeolóxica proporcionada, diferéncianse dous tipos de fósiles, o fósil guía e o fósil de facies. Os corais forman parte deste segundo grupo xa que habitaban lugares cunhas condicións ambientais concretas, xeralmente atopábanse en augas pouco profundas, moi claras, cálidas e moi ben osixenadas.

Os corais divídense en tres grupos: Rugosos, Tabulados e Scleractinios. Todos estes viviron durante gran parte do Paleozoico e extinguíronse a finais do Pérmico.

RUGOSOS

2Os corais rugosos denomínanse xeralmente como corais corno pola sua forma cónica, poden chegar a medir case un metro de lonxitude adoitaban formar grandes colonias.

 

 

 

TABULADOS

375px-Syringoporid

Da mesma maneira adoitaban formar colonias definidas por un esqueleto de calcita e semellantes en aparencia a un panal. Xeralmente os tabulados eran mais pequenos cos rugosos e respecto á forma poden ser planos, cónicos ou esféricos.

 

 

SCLERACTINIOS

th

Tamén chamados corais pétreos ou duros, son moi similares ás Actinarias pero cun esqueleto duro e o número de tentáculos é seis ou múltiplos de seis. Poden atoparse distintas formas,tamaños e cores dentro destes corais.


Esta entrada foi publicada en biodiversidade e etiquetada , , , , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta