DONDE TODO COMEZOU

monos
Que ven primeiro o ovo ou a galiña?
Esta pregunta ainda que pareza moi  tonta, ten moito que ver coa evolución, pois ben, a nosa evolución asociámola só os primates, pero iso non é de todo certo a realidade é que evolucionamos da materia non viva, e dicir o primeiro ser vivo formouse mediante unhas series de condicións extremas que formaron o primeiro ser vivo ( un composto orgánico simple).

Aristoteles foi un dos primeiros filósofos en crer na xeración explótana, segundo o cal, os seres vivos xurdían do barro e da materia en descomposición.

prebioticaMoitos pensa que non se pode xerar vida de algo “sen vida” pero iso non é de todo certo. De feito si se pode, a teoría da evolución prebiotica de Oparin explícao moi ben, esta teoría supón que na terra houbo unhas condicións ambientas moi fortes provocando que nas augas superficiais sometidas a descargas eléctricas albergara compostos orgánicos cada vez mais complexos.

Pero tamén hai outra teoría moi coñecida, a teoría da panspermia, que declara que na Terra  foi case imposible que puidese producirse esas condicións ambientais, polo tanto declara que a orixe da vida veu no interior dun meteorito.

A Terra formouse hai 4.600 millóns de anos. Case 1000 millóns de anos despois xa albergaba seres vivos. Os restos fósiles máis antigos coñecidos datan de hai 3.800 millóns de anos e demostran a presenza de bacterias, organismos rudimentarios procariotas e unicelulares.

Os primeiros seres vivos foron as bacterias anaerobias, capaces de vivir en ausencia de osíxeno, este gas aínda non estaba na atmosfera primitiva; polo que  comezou a evolución a partir de distintas bacterias capaces de realizar a fotosíntese, isto permitiu a tales bacterias fixar o abundante dióxido de carbono na atmosfera e liberar osíxeno, este non permaneceu na atmosfera, xa que foi absorbido por rochas ricas en ferro. O ferro das rochas oxidouse e deste xeito o osíxeno empezaba a acumularse na atmosfera. A súa concentración foi aumentando ata formar a capa de ozono.

Os primeiros organismos eucariotas apareceron hai uns 1.600 millóns de anos e os primeiros pluricelulares hai uns 670 millóns de anos. Cando a capa de ozono alcanzou o grosor suficiente, os animais e os vexetais foron capaces de abandonar a protección proporcionada pola auga, o medio acuático, e colonizar a terra firme.evolucion da vida

Polo tanto formáronse os seres unicelulares, as bacterias, artrópodos e peixes, plantas terrestres, insectos e plantas con sementes, por evolución dos peixes aparecen os anfibios e por evolución dos anfibios aparecen os réptiles, despois formáronse os mamíferos e paxaros, plantas con flores…

 

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Ciencia e Sociedade, Xenética e evolución e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta