ASTENOSFERA: É REAL?

Resultado de imagen de astenosfera

A  Astenosfera está composta por materiais semifundidos y sólidos. Sobre ela flota a litosfera. Sobre a zoa da astenosfera prodúcese o desprazamento das placas tectónicas.

O estado de equilibrio denominado isostase  (que se logra a partir das distintas densidades das partes que compoñen a superficie da Terra) e a deriva continental (fenómeno que provocan as masas dos continentes ao desprazarse) son posibles gracias a existencia da astenosfera, onde se desenvolven movementos a través da convección.

Outra característica da astenosfera é que promove a renovación e a expansión do fondo oceánico. Isto  débese a que no súa composición atópase basalto, unha rocha ígnea que, mediante un proceso de extrusión, flue polas dorsais oceánicas. Cando se encontra có continente, a materia afunde e pasa por debaixo chegando a astenosfera pola chamada subdución.

Outras características da astenosfera son:
-Está composta de: Magnesio e silicatos de ferro, ademais de basalto.
-Identifícase, porque contén  o magma que expulsan os volcán cando entran en erupción.
-Entre os personaxes máis importantes no establecemento da astenosfera e o seu coñecemento atopámonos a Dutton, a Joseph Barrell, a Beno Gutenberg o a John Tuzo Wilson. entre outros.

É importante mencionar que, para algúns científicos, a astenosfera en realidade non existe. Hai especialistas que sosteñen que a deriva continental é producida por un movemento solidario da codia co manto, mentres que a isostase  desenvolveríase entre a parte externa do núcleo da Terra e a parte interna do manto.

Un tema de debate o citado, o referente a existencia ou non da astenosfera, que aínda segue xerando unha enorme controversia. De aí que, na actualidade, non exista unha postura que sexa considerala certeira ao respecto, pois son moitos os estudos que se establecen nunha posición e noutra sen que poidan resultar concluíntes.

Esta entrada foi publicada en Dinámica interna da Terra, Sen categorizar e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.