UN MISTERIO SIN RESOLVER

As Illas Canarias é un arquipélago situado no océano Atlántico que conforma unha comunidade autónoma española. É, ademais, unha das rexións ultraperiféricas da Unión Europea. O arquipélago componse de sete illas con administración propia (El Hierro, la Palma, La Gomera, Tenerife, Gran Canaria, Fuerteventura e Lanzarote).

Hai varias teorías sobre a orixe destas illas, pero a súa creación non se sabe a ciencia certa.  Agora mesmo as teorías máis apoiadas son:

TEORÍA DO PUNTO QUENTE

Esta idea expón que arquipélagos de vulcanismo están producidos por unha fonte de magma chamado punto quente, que trae o magma dende as profundidades do manto mediante unha pluma mantélica. Ao producirse o ascenso, expúlsase ao exterior e fórmase unha illa, que se vai afastando deste foco de emisión, debido ao desprazamento da placa africana de oeste a leste. Desta maneira, iríanse formando todas as illas do arquipélago canario, sendo máis antiga canto máis lonxe se atope do punto quente. O único problema que ten esta teoría é que a placa africana, onde están situadas as Illas Canarias, non se move dende fai millóns de anos, así que este suceso non podería ocorrer.

TEORÍA DE EMPUXES ASCENSIONAIS

Canarias e illas veciñas, como Cabo Verde ou as illas do Golfo de Guinea, son consecuencia de empuxes ascendentes de magma. Cando finaliza o movemento entre as placas, reactiváronse focos magmáticos profundos pola expansión do fondo oceánico dende o dorsal centro-atlántica. Comeza o ascenso dos materiais volcánicos, primeiro producindo un abombamento da codia oceánica e logo unha ruptura por onde ascendeu magma, acumulándose e aflorando posteriormente á superficie.

Hai moitas hipóteses a parte de estas que citei, pero ninguén sabe cal é a verdadeira. Ao mellor ,pasados varios anos, descubrirase cal é certa, gracias aos avances que hai na xeoloxía. Polo de agora, é unha incógnita para os xeólogos a creación deste arquipélago.

 


 

 

 

                                                                                        Carlos Pérez Cambeiro 4ºESO B

 

 

 

 

 

 

Esta entrada foi publicada en Dinámica interna da Terra. Garda o enlace permanente.