O TON PERFECTO É XENÉTICO

14 nuevas mutaciones genéticas asociadas al desarrollo

As mutacións son cambios aleatorios que se producen no ADN dun organismo. Constitúen unha fonte de variabilidade xenética e un motor para a evolución das especies.

A gran maioría das mutacións prodúcense ao azar por causas naturais. Son mutacións espontáneas. Outras poden ser inducidas artificialmente mediante axentes físicos, como as radiacións, ou con axentes químicos como certos fármacos. A estes factores chámanselles axentes mutaxénicos.

Case todas as mutacións son prexudiciais para o individuo que as porta. Moitas veces provoca a non viabilidade do zigoto e outras veces producen enfermidades ou malformacións (mutacións letais, subletais e patóxenas). Algunhas mutacións son neutras porque no instante no que se producen, non proporcionan ao individuo que as porta ningún prexuízo nin beneficio. Finalmente, hai moi poucas mutacións favorables, porque o normal é que cada especie estea ben adaptada ao medio no que vive e por tanto é difícil que unha mutación confira unha vantaxe que proporcione unha maior capacidade de supervivencia ao individuo.

Así como algúns herdan enfermidades xenéticas, outros teñen máis sorte e herdan xenes que lles dan capacidades inusuais. Algúns exemplos son:

Visión submarina perfecta

A maioría de nós vemos borroso cando abrimos os ollos á vez que nos mergullamos na auga. Non obstante “o pobo moken” coñecidos como os xitanos do mar, debido a que pasan moito tempo na auga, desenvolveron esta mutación pola longa duración de exceder tanto tempo na auga recollendo alimentos mariños.

Tolerancia ao frío

Outra vantaxe xenética observada nalgúns pobos orixinarios ten que ver coa capacidade de resistir a baixas temperaturas. Un corpo normal non pode resistir o frío extremo. Pero hai algunhas poboacións que sí teñen esa capacidade, gracias aos seus xenes especiais. Non tremen de frío, teñen menos glándulas sudoríparas, a súa pel é moito máis calorosa do normal e os  seus metabolismos teñen taxas moito máis altas.

Menos horas de sono

Varios estudios demostraron que a maioría das persoas necesitan durmir entre 7 e 9 horas para poder sentirse descansados. Durmir menos pode causar problemas de concentración e de saúde, tanto físicos como mentais. Sin embargo, un estudio realizado con xemelgos en 2014 levou á Academia Estadounidense de Medicina do Sono a descubrir  que existe unha mutación xenética que permite que algunhas persoas necesiten menos Dormir bien: Consejos para que puedas dormir mejor después de ...horas de sono. As persoas co xene DEC2 mutado teñen a capacidade de ter un sono REM máis intenso, o que fai que o seu descanso sexa máis efectivo. Con 6 horas de sono ou menos séntense completamente descansados e listos para encarar o día.

Ósos máis densos 

A maioría dos nosos esqueletos van perdendo densidade e masa ósea a medida que envellecemos. Coñécese como osteoporose e pode xerar fracturas e deformacións óseas. Pero hai algunhas persoas que teñen unha mutación nun xene chamado SOST, que controla á proteína esclerostina, que regula e controla o crecemento dos ósos. Un estudio realizado por científicos de Investigación e Desarrollo en  Washington, deu co resultado de que quen teñen esta mutación non perden masa ósea a medida que envellecen, xa que os seus ósos continúan acumulando densidade e masa.
Cinco ventajas genéticas que la mayoría de la gente no tiene - LA ...

Adaptación ás alturas

Este mal de altura ou mal de montaña soe causar mareos, baixa de presión, dor de cabeza e trastornos respiratorios. Estudios realizados aos quechuas dos Andes e os tibetanos do Himalaia mostraron que eles contan con vantaxes xenéticas que lles permitiron adaptarse ao seu ambiente. Os seus torsos son máis grandes e teñen maior capacidade pulmonar, o que lles permite incorporar máis osíxeno con cada inspiración.

A mutación é un proceso moi importante porque permite introducir variabilidade xenética nas poboacións. Pero en calquera caso, a selección natural poderá actuar de forma distinta sobre as diferentes combinacións xenéticas o cal é o mecanismo fundamental da evolución.

Segundo o tipo de células afectadas as mutacións poden ser:

Somáticas: Son as que afectan ás células somáticas. Poden orixinar lesións ou enfermidades graves como o cancro. Ao ocorrer nas células somáticas, non se transmiten á descendencia polo que non son herdables.

Heterocromía del iris, ojos de diferente color: tipos y causas     American Curl | Mascotas

Xerminais: Afectan aos gametos. Estas mutacións non se manifestan no propio individuo pero poden transmitirse a futuras xeracións, polo tanto son herdables.

Segundo a extensión do material xenético afectado poden ser:

-Xénicas: Son as que provocan cambios na secuencia de nucleótidos sun xen determinado.

Mutaciones génicas: en qué consisten, tipos y consecuencias - Lifeder-Xenómicas: Producen unha variación respecto ao número total de cromosomas dunha especie.

 

2.2 Mutaciones genómicas

 

 

 

-Cromosómicas: Son as que ocasionan cambios que afectan á estrutura interna dos cromosomas.

Mutaciones Cromosómicas (página 2) - Monografias.com

 

 

 

 

 

 

Esta entrada foi publicada en Mediciña e saúde e etiquetada , . Garda o enlace permanente.