Fenómeno meteorolóxico, a DANA.

Para aqueles que non saiban o que é unha Dana ou depresión illada en niveis altos, é un fenómeno meteorolóxico  que soe darse co comezo do outono e da primavera no Mediterráneo Occidental.

Consiste nun embolsamento de aire frío que da lugar a choivas torrenciais, baixada de temperaturas e fortes rachas de vento. As Danas son producidas polo choque dunha masa de aire frío máis aire quente da superficie.

clima

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), alertou de que dende o mércores 25 de Novembro do 2020, producirase un importante cambio nas condicións meteorolóxicas, que supuxo o final do período de estabilidade que estivo acompañándonos nas últimas semanas.

Unha fronte frío entrou polo Oeste peninsular e Canarias, o cal continuou profundizándose durante os días seguintes ata que o venres se situou na área Mediterránea.

“É posible que o xoves 26 de novembro se forme unha DANA no Golfo de Cádiz que será case estacionaria e causará choivas intensas e ocasionalmente torrenciais en Baleares, Cataluña, Comunidade Valenciá, Rexión de Murcia e a metade este de Andalucía. Nalgúns lugares poderían chegar a recollerse cerca de 100 litros por metro cadrado en 24 ou 48 horas.” Engadiu Xosé Antonio Maldonado, director de Meteoroloxía en Meteored.

É posible que o domingo 29 de novembro a borrasca se desprace cara as Illas Baleares que será a zona máis afectada.

A Dana deixará aberto un corredor ás borrascas atlánticas que fará efecto xa o próximo domingo. Este día un profundo centro de baixas presións situarase entre o suroeste peninsular e Madeira, deixando fortes choivas de novo no suroeste da península.

Os efectos que poden ter as Danas son bastante sorprendentes xa que van dende fortes ventos a unhas choivas aínda peores que poden chegar a causar inundacións moi graves.

3              56

 

Esta entrada foi publicada en Clima e meteoroloxía e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta