O MAL USO DAS EXPRESIÓNS COLOQUIAIS

                                                     tsunami de Indonesia

Ben é certo saber que coloquialmente utilizamos moitas palabras e expresións sen rumbo e sen pensar. Unha destas palabras é tsunami ou maremoto, é dicir, moitas veces cando o mar está algo revolto empregamos a frase de : “Parece que vai a haber un tsunami”. Pero, nós realmente sabemos as consecuencias que teríamos se houbera un maremoto en calquera momento sen esperalo? Eu considero que non, e, por este mesmo motivo expoñerei dous fatais tsunamis acontecidos na historia.

Antes de entrar en detalle, conviría aclarar que son os tsunamis. Un tsunami ou maremoto é unha ola ou unha serie de olas que se ocasiona nunha masa de auga ao ser empuxadas de maneira violenta por unha forza que a despraza de xeito vertical. Este fenómeno da natureza pode ser producido por terremotos, volcáns, derrubes costeiros ou subterráneos, e , tamén incluso por explosións de gran magnitude.

Tras esta breve aclaración, pasemos a ver os desastres que a natureza pode provocar nun país.

Tsunami de Indonesia de 2004:

Indonesia 2003-2004Este maremoto está clasificado como un dos peores tsunamis e fenómenos da natureza da historia. Ocorreu na Illa de Sumatra (Indonesia), o 26 de decembro do ano 2004.

Foi xerado por un fortísimo terremoto rexistrado con unha magnitude de 9.3.  As olas que este provocou, situábanse entre os 15 e 30 metros de altura, sendo en Lhoknga (oeste de Sumatra) a ola máis grande rexistrada.

Este terrible suceso, afectou a 14 países do Océano Índico. Tales como:Tailandia, India, as Illas Maldivas, o sueste de China, etc. Aínda que en moitos paises deixou terribles danos irreparabales, o país que sen dúbida algunha se veu máis afectado foi Indonesia.

Foi un acontecemento letal. Houbo máis de 230.000 falecidos (estimación) e 1.7 millóns de desprazados . A día de hoxe, non sabemos os datos exactos que provocou, todos son estimados; aproximadamente hai 184.167 falecidos confirmados, 230.273 falecidos estimados, 125.000 feridos, 45.752 desaparecidos e 1.74 millóns desprazados, estando Indonesia no top do ranking.

No seguinte vídeo, podemos ver imaxes reais deste feito. Como viviron as persoas o desastre que estaba acontecendo diante deles, a desesperación de non saber que facer e de ver a túa familia irse polo movemento da auga, e, a catástrofe territorial e demográfica  que estaba a suceder.

Tamén provocou que os habitantes dos pobos afectados quedasen sen un fogar onde poder vivir, en moitos casos sen familia ou sen saber nada dela, sen traballo e sen cartos. Os países danados víronse con moitos problemas debido a que o consumo e a actividade empresarial diminuíron por completo. E, por si non fora pouco, ademais dese descenso da actividade case total, os danos territoriais serían moitos, polo que a reconstrución territorial tralos danos precisou de moito tempo e cartos.

ANTES Y DESPUÉS INDONESIA

Aquí podemos ver un antes e despois do maremoto, onde claramente podemos distinguir cal é cal.

Este acontecemento foi relatado nunha película moi recoñecida gravada no 2012. Trátase da película: Lo imposible.

Tsunami de Bahía Lituya:

Este maremoto sucedeu o 9 de xullo de 1958, en Baía Lituya (Alaska).

Este feito debeuse a un forte sismo de magnitude 8.3 que provocou o derrube dunha montaña enteira. Os 30 millóns de metros cúbicos de terra e de rochas procedentes do derrube da montaña caeron no fondo da baía, isto provocou un impacto que levantou unha columna de auga de máis de 525 metros de altura. Cabe recalcar que esta parede de auga foi catalogada como a ola xigante máis grande do mundo denominada como megatsunami.

O sismo afectou ás zonas do sueste de Alaska, nunha área de 1 millón de km cadrados. Tamén polas zonas de Seattle  e o leste de Whitehorse (Canadá). Neste feito houbo 38 falecidos.

Nesta  noticia, amósase que a pesar deste desastre natural, o país puido saír a diante e recuperar certa actividade económica.

Tras esta información, considero que deberíamos reflexionar. Non sabemos o que tal pasou esa xente e sería como faltarlles ao respecto. Aínda que sexa unha frase utilizada coloquialmente sen ningún tipo de maldade, deberíamos de reducir o seu uso.

Esta entrada foi publicada en Dinámica interna da Terra, Medioambiente e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.