Os incendios forestais son un grave problema ambiental, económico e social que espertan unha alarma social en todo o país.
Os incendios provocan importantes danos sociais como a perda de vidas, o desprazamento de poboación e importantes efectos ecolóxicos por perda de biodiversidade, emisión de gases de efecto invernadoiro, erosión do solo…
Cada vez que hai un incendio, unha gran superficie vese afectada, esto ocorre ano tras ano sobre todo no verán e aínda así non se aumentan as medidas de prevención de incendios. Polo que cando non se evita ou se se detecta tarde, os medios de detección non son suficientes.
En España os incendios son irregulares, pero entre 1961 e 2016, víronse afectadas máis de 8.000.000 de hectáreas.
As causas polas que se producen os incendios poden ser moitas. Dende causas naturais , por algunha neglixencia, un accidente…
En España só un 5% dos incendios son a raíz de causas naturais; sendo máis común pola caida de lóstregos.
O outro 95% son por causas antropoxénicas, é dicir causadas polo home ( neglixencias, accidentais ou intencionais)
Os incendios por neglixencias poden ser debido a:
- Lámpadas de camping sen garda
- Colillas mal apagadas ou lanzadas dende un vehículo
- Vertedeiros ilegais con desfeitos combustibles
Os incendios por accidentes pode deberse a:
- Caídas de cables de alta tensión
- Prácticas de tiro militar
- As chispas causadas polas armas dos cazadores
Os incendios intencionados son provocados por diferentes intereses :
- Persoas con alteracións patolóxicas (pirómanos)
- Persoas asociais ou conflictivas
- Motivos económicos
A día de hoxe hai moitas organizacións que fan todo o posible para que as persoas tomen conciencia do que supoñen todos estes incendios para a sociedade e para o noso planeta, xa que este tamén se ve afectado pola contaminación e outras causas que producen.
Unha organización moi coñecida é Greenpeace, a cal utiliza a acción directa e non violenta para atraer a atención pública hacia os problemas globais do medio ambiente e impulsar as solucións necesarias para ter un futuro verde e en paz