COA AUGA POLO PESCOZO

galicia

En Galicia as inundacións son moi frecuentes polas grandes precipitacións, normalmente na época de inverno. Este fenómeno fai que sitios como Padrón (cunca do río Sar e Ulla) ou Caldas de Reis (cunca do río Umia) queden plenamente cubertos de auga, polas súas rúas e fincas; e que moitas colleitas queden destruídas sen poder aproveitar nada.

Galicia_costaMoita xente pensa que Galicia é unha zona moi montañosa en toda a súa totalidade, en cambio é unha comunidade moi diversa xeograficamente. Estas inundacións xorden na terra chá preto dun curso fluvial, xa que iso da lugar a que en sitios onde os ríos (de forma natural ou antrópica) están na súa plenitude normalmente desemboquen cando hai chuvias torrenciais. Sin embargo isto leva pasando séculos e as terras dos arredores fluviais xa están acostumadas a estes fenómenos meteorolóxicos, polo que os terreos son capaces de volver á normalidade en poucos días ou incluso horas se trátase de chuvias torrenciais espontáneas. O problema ven cando os ríos pasan por o medio dunha cidade xa que se pode acumular  lodo, troncos e ramas que baixan dende os montes próximos, debido as chuvias e os desbordamentos dos ríos.

Problemas en anos anteriores fixeron que os concellos estean cada vez máis acostumados ao protocolo de inundacións da comarca e sexa moito máis fácil volver á normalidade despois dunha borrasca. Inda que os desperdicios non sexan moi graves habitualmente  hai casos onde as riadas arrasan con partes da casa ou os recursos de toda unha familia, pero para eses casos catastróficos existen axudas da Xunta de Galicia nas que ofrecen unha cobertura do 100% para os danos nas vivendas habituais ou obxectos persoais e un 40% nas segundas residencias. Pero para moitos estas axudas son poucas para os momentos de angustia que viviron, xa que a moitos as riadas pillounos desprevidos e sen ningún recurso para escapar delas; como as persoas deste vídeo:

Bibliografía: elperiodicoextremadura.com,  elcorreogallego.es                                       (noticias específicas de Galicia)

Esta entrada foi publicada en Clima e meteoroloxía, Educación ambiental e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta