O noso planeta está formado por auga nun 70% da súa superficie, pero, é isto suficiente?
A escasez da auga é un problema que leva afectando ó noso mundo desde fai anos, pero de forma diferente dependendo do territorio. Países como Bahréin, Kuwait, Palestina, los Emiratos Árabes Unidos, Arabia Saudí, Omán e o Líbano son os máis afectados en todo o mundo, e España comeza a verse atacada por este gran problema.
Pero a todo isto… A que nos estamos a referir?
Falamos de escaseza da auga cando facemos referencia á ausencia de recursos hídricos e á falta de acceso á auga potable doce ou a suministros seguros. A auga é esencial para a vida humana, pero arredor de 1200 millóns de persoas non teñen acceso a ela. Segundo recentes estudos da Federación Mundial de Vida Silvestre, calculan que para o 2025 dous terzos da poboación mundial enfrentarase a este problema medioambiental.
ESCASEZA DE AUGA EN ESPAÑA
Actualmente os encoros españois contan cun 41,1% da súa capacidade total, e datos como este levan sen mellorar sustencialmente durante os últimos seis anos. Todo o que choveu nos últimos anos non foi suficiente para compensar o nivel de auga embalsada, deixándoa por debaixo da media na última década.
Tristemente isto é algo que sucede cada ano e empeora cada vez máis, é máis, España é o país europeo con maior tendencia ó estrés hídrico, e un dos primeiros na lista de países con maior cantidade de perdas na súa rede de distribubión. E estímase que para o ano 2030 un 65% da poboación española verase afectada ás consecuencias.
Pero esta todavía non é unha misión imposible, existen solucións para frenalo, e algunhas delas son:
RECARGA DE ACUÍFEROS. Os acuíferos son corpos rochosos que almacenan e transmiten a auga subterránea. En épocas de seca hai moi poucos recursos para recargalos suministros, e poden chegar a esgotarse. Nalgunhas áreas do mundo estase investigando a súa recarga para axudar a reforzar estos abastecementos, e están restaurando moitas cuncas coa axuda de plantas nativas para apoiar as capacidades de recarga natural dos acuíferos.
DESALINIZACIÓN. A desalinización é unha das solucións máis populares a nivel mundial. Moitos paises están incrementando a súa inversión neste proceso para desenvolver fontes de auga segura frente á crecente demanda.
Agora que estamos a tempo de paralo, fagamos deste mundo un lugar mellor e colaboremos xuntos para rematar con isto dunha vez por todas.
Aquí deixo un vídeo de como estaba España no ano 2018.