España. Verde ou marrón?

desertificacion-kNIC--620x349@abc

Ata hai non moito tempo o noso país posuía unha gran superficie vexetal, pero paulatinamente isto está desaparecendo debido á deforestación dos bosques por problemas como o sobrepastoreo, cortas para madeira, construcións de estradas e infraestruturas ou ben incendios forestais.

A deforestación é unha grave ameaza para a saúde da Terra, e chamámoslle así á perda de bosques e selvas debido ao impacto das actividades humanas ou causas naturais que acaban convertendo o solo en inservible. Esta arrasa de forma masiva a vexetación en todo o mundo. Ademais á perda dos bosques e selvas ten como maior consecuencia a perda do hábitat de millóns de especies, impedíndolle á vida a moitísimas plantas e animais. E desgraciadamente, durante os últimos anos as cousas están empeorando no noso país.

Causas naturais

  • Aumentou moito a cantidade de incendios forestais, e non só en España, incendio forestalsenon tamén noutros países moi cercanos como Francia e Portugal, agravando así a nosa situación e agudizando un problema tan grande como é a deforestación, que pode chegar a afectar ó 80% do territorio español. Hai dous anos no noso país houbo un total de 7143 incendios forestais, sendo Galicia a comunidade máis afectada, e España o cuarto país do mundo con máis incensequia españadios.
  • A perda dos bosques tamén está detrás da seca, a cal trascende á desertificación, proceso de degradación das terras en zonas subhúmidas áridas, semiáridas e secas. Según Greenpeace, entre o 75% e o 80% de España está en risco de converterse nun deserto.

Causas debido á actividade humana

  • A corta ilegal leva consigo montóns de hectáreas taladas ou quemadas paratala ilegal conseguir madeira ou converter os bosques en terras de cultivo, pero o mal uso e o descontrol que isto ten está deteriorando a vexetación española. De feito, un 17% da madeira consumida en España procede da tala ilegal.
  • A urbanización do terreo é outra causa da deforestación. Cada vez mái1572893482_900551_1572893669_noticia_normals persoas viven en cidades, e a sociedade constrúe dunha forma desmedida, destruíndo selvas e bosques co fin de obter máis espacio para edificar.

Nós, como responsables, debemos facer algo para evitar este gran problema e coidar dos nosos bosques. Empezando por reciclar papeis e cartóns, non imprimir, plantar árbores cada vez que un sexa talado, manter limpos os bosques para evitar incendios e tamén consumindo produtos de xestión sostible.Inda que non o creamos, hai máis solucións das que parecen. Esta guerra todavía non está perdida!


Esta entrada foi publicada en Educación ambiental, Medioambiente e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta