A actividade petroleira esta contaminando de maneira xeneralizada as cabeceiras dos ríos do Amazonas modificando a composición química das súas augas, según despréndese dun estudo reciente levado a cabo por investigadores do Instituto de Ciencia e Tecnoloxía Ambiental e do Departamento de Sanidade e Anatomía Animal da Universidade Autónoma de Barcelona, así como tamén está involucrado neste estudo o Instituto Internacional de Estudos Sociais da Universidade Erasmus de Rotterdam.
Este amplio proxecto científico analiza os preocupantes niveis de contaminación por petróleo nunha zona da Amazonía peruana próxima a fronteira con Ecuador.
Para levar a cabo este estudo analizáronse datos de 2.951 mostras de auga superficial de catro ríos do Amazonas recollidas por axencias públicas peruanas e empresas petroleras entre os anos 1987 e 2013.
Os resultados poñen de manifiesto a presencia na augas dos ríos niveis moi superiores a os habituais de cloruro, cromo, bario, plomo e cromo hexavalente, algúns destes compostos son moi contaminantes para o medio ambiente e perigosos para a saúde.
Como consecuencia isto tamén afecta a peixes, animais e as persoas que alimentanse da pesca fluvial e da caza de animais que inxeren esa auga afectada por residuos tóxicos para a saúde.
En conclusión, os científicos advirten que os índices de contaminación feitos polo estudo podrían ser todavía superiores, xa que moitas das mostras analizadas foron tomadas por empresas e axencias gubernamentais ao marxen dos procedementos establecidos. A lexislación exixe que as mostras de auga tendrán que tomarse nun radio de 500 metros do foco de contaminación e algunhas foron tomadas a 36 Kilómetros río abaixo do punto de vertido.