MAREAS VERMELLAS OU MORADAS?

toxina

Sendo unha persoa das Rías Baixas e, ademais, cunha familia mariñeira, era inevitable non falar deste tema. Moitas veces, ou polo menos eu, escoitamos dicir as seguintes expresións: “O mar está cerrado por toxina“; “o mar ten unha marea vermella“; etc. Pero, realmente sabemos do que se trata?, porque eu, polo menos ata que o busquei, non sabía nin a metade desta información.

QUE É ESTA TOXINA?

Pois ben, os mariscos que collen esta toxina son xeralmente os que filtran algas microscópicas, denominadas fitoplacton. Hai determinadas especies que en ocasión acumulan algunhas moléculas que para eles non son perxudiciais, pero para nós, cando as comemos, si que o son.

Trátase dun transcurso natural, polo que debemos de controlar a cantidade destas células tóxicas na auga.

Esta non se pode distinguir no marisco xa que non ten olor, textura nin sabor. E ademais, non se eliminan coa temperatura, polo que se un marisco ten toxina afectaríanos de igual maneira tanto si está crudo como cociñado.

CONSECUENCIAS DO CONSUMO DESTA TOXINA:

Estas toxinas son peligrosas debido a que pode repercutir en grandes patoloxías, como por exemplo: veneno paralizante, un neurotóxico forte, toxina diarreica ou amnesia tóxica.

COMO SE IDENTIFICA ESTA TOXINA?

Principalmente contrólase de tal forma en que as lonxas lonxas realizan controis semanais da auga, pois as células das toxinas atópanse ahí. Estes controis deben ser realizados polas lonxas debido a que é un reglamento europeo que está certificado.

Se unha análise da positivo a explotación marítima será cerrada ata que se elimine o perigo e, para volver ao traballo, haberá que que dar dúas mostras da auga separadas nun plazo de 48 horas.

Estas revisións da auga realízanse semanalmente e, en épocas de grandes toxinas, poderá aumentarse o número das mesmas.

A QUE MARISCO AFECTA?

Xeralmente, o marisco máis afectado son os mexillóns, ameixas, berberechos, zamburiñas e vieiras, xa que a base da súa alimentación é a base destas algas mariñas onde se atopan estas substancias nocivas para a saúde.

Pero, sen dúbida algunha destacaremos ao mexillón sobre todos os demais. Estes son os que máis toxinas reteñen e os que antes reaccionan á existencia das algas.

COMO PODEMOS EVITAR MERCAR MARISCO QUE CONTEÑA ESTAS  SUBSTANCIAS?

Primordialmente debemos mercar marisco que non sexa furtivo, é dicir, que esté recollido pola xente que traballa nas cofradías, o cal posteriormente pasará ás lonxas.

Deste xeito, o marisco tería un certificado que demostraría que a auga onde se colleu o marisco ten as suficientes toxinas como para que nós, as persoas, poidamos comelo.

Nesta noticia atoparemos un artigo dun periódico no cal se demostra que esto é moi frecuente.

Aquí un video, onde se amosan as consecuencias desta marea vermella.

En conclusión, é importante saber a que perigos nos enfrontamos cando comemos un alimento. E, tamén é moi importante mercar en sitios autorizados como as lonxas,mercados, supermercados, etc.

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Medioambiente e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta