O cambio climático ponnos enfermos

“O raposo é susceptible á sarna o distemper, una grave enfermidade viral”. JEREMY COHEN

A revista “Science” publicou un novo estudo no que se sinala o quecemento global como unha das causas que contribúe a circulación de enfermidades infecciosas en rexións con climas fríos e temperados. Durante moito tempo o cambio climático víase como unha ameaza a logo prazo. As especies adaptadas a baixas temperaturas estiveron protexidas da invasión de especies parasitas.

Os invernos hoxe en día son máis suaves e máis curtos. Isto facilita aos patóxenos que tenden a ter máis tolerancia as temperaturas anormais que o seu anfitrón. Según explica Jeremy Cohen investigador da universidade de Florida Sur, un cambio no ambiente non afectaría tanto ao patóxeno.

NOVOS RISCOS PARA OS HUMANOS

El virus SARS-CoV-2, como nunca antes lo habíamos visto: éste es el modelo 3D más detallado obtenido hasta ahora

No 2018 o xornal The Lancet publica un artigo no que mencionaba que o quecemento global sería unha das principais causas que afectarían á transmisión de enfermedades de orixe animal ao ser humano.

Este ano a pandemia ligada ao SARS-CoV-2 supuxo unha nova fonte de preocupación para a poboación mundial. Según Cohen as enfermidades que circulan entre humanos e outras especies naturais poderían comezar a ser máis comúns nas zonas temperadas.

Ao mesmo tempo os científicos tamén sinalan a multiplicidade de factores que causan as epidemias. Cada enfermidade infecciosa ten características propias, nas que o cambio climático actúa sobre a bioloxía dos axentes infecciosos e na forma de vida das especies. Os investigadores fomentan a importancia da vixiancia nestas enfermidades para previr futuros brotes.


A información sacada, procede da páxina de noticias é información: El Mundo

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Mediciña e saúde e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta