O cancro dos montes galegos

Captura de pantalla 2020-12-07 a las 22.47.27

Galicia é unha Comunidade Autónoma con importantes aptitudes forestais, sendo así unha das poucas coa que se pode falar con propiedade da existencia dun auténtico sector forestal.

Estes terreos que forman un monte como tal, poden estar divididos segundo o propietario. A Administración posúe un 2-3% da xestión destes terreos galegos. As Comunidades de Montes teñen un 34% deste territorio restante, e en gran maioría cun 63% os propietarios individuais.

Os propietarios individuais separaron moitos terreos deixándos subdivididos, e así formando minifundios, o que denominamos como unha parcela pequena orixinaria dunha superficie extensa. Actualmente, a gran maioría destas parcelas atópanse abandonadas, sen propietario ou con dono pero este non recoñece o seu terreo.

Unha Comunidade de Montes polo usual soe estar preparada e involúcrase nestes, mantendo así os montes, cunha gran biodiversidade e especies frondosas, acondicionados….. Pola contra a outra parte desta superficie ten plantacións en abandono, non hay reducción da biomasa, sen fauna, é o que se califica coma unha zona intransitable. 

Os montes teñen unha gran diversidade de árbores e plantas. Na súa gran proporción Captura de pantalla 2020-12-07 a las 16.51.00topamos os pinos, e os eucaliptos nas zonas costeiras. Estas dúas árbores son de especie pirófitas, as cales favorecen a propagación destes incendios.

As follas do eucalipto en particular son secas e absorben a humidade, cando hay vento, factor que propaga a inextinción dos lumes e a mistura co calor, estas follas convértense nun gran axente propagador dos lumes. Porque son lixeiras, voan, non se desfán e aterrizan noutra zona donde volve a prender.

Estes incendios que se producen nunha zona delimitada poden acabar uníndose e formando un gran disturbio, podendo deixar así animais, xa sexa gando equino, vacún….adicado o pastoreo intensivo nos nosos montes e toda a poboación de animais silvestres presentes na zona afectada ou persoas atrapadas no medio.  E con él leva por diante todo o medio existente tanto en canto a especies vexetais como ecosistemas e mesmo as infraestructuras máis próximas ou adentradas nos nosos montes.

Esta pérdida do ecosistema, non só afecta o sistema forestal, se non tamén a moitos outros.

Ao producirse un incendio, quedan esqueletos de matorrais, toxos, xestas, árbores… Esto afecta os madereiros, productores…

O solo queda calcinado e sen vexetación ninguna, ó chover a cinza non filtra o auga, polo que arrastra a terra, acabando en zonas de grandes pendentes e poñendo en risco a poblacións, contaminando os cauces dos ríos, e tamén así ás rías, que provocan danos nos bancos marisqueiros causando así a morte destes. Afecta, e dá moitas perdas económicas en diferentes sistemas que nós pensamos que están afastados do forestal.

O solo dos montes queda en pedra viva ó descuberto, deixando un terreo inerte, estéril e cun longo proceso de recuperación.

Sen dúbida, tamén descoidamos nós mesmos o que nos rodea, deixando e tirando restos como latas, plásticos, azulexos incluso, e moitos outros vertidos incontrolados que afectan e contaminan estes ecosistemas.

Incendios coma estes provocados nas condicións e datas máis propicias poden acabar con extensións moi amplas de terreo como o incendio de 2017 que veu dende a zona de Ponteareas ata a de Cotobade, arrasando así con 4500 hectáreas no seu total. Tamén o incendio de Ponte Caldelas.

Estas amplas superficies toman un papel fundamental na nosa vida, relaxan, producen economicamente, dan valores ambientales, recrean a sociedade…

Temos que ser conscientes de que esto é unha cadea, se algo vai mal, o resto continúa peor.

 

Información obtida dos  vídeos de Youtube e páxinas web mencionadas anteriormente, inseridas ou en enlace.

Esta entrada foi publicada en Medioambiente e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta