O Mar Negro en Galicia

chapapote

No ano 2002 sucedeu o peor desastre medioambiental da historia de Galicia. Un petroleiro afundiuse a 250 quilómetros da Costa da Morte, deixando toneladas de fuel repartidas por 1137 praias galegas. Quince anos despois (2017) a patroa maior de Baiona afirmou que os restos do chapapote que aínda persisten producen un dano tremendo para os recursos mariñeiros e turísticos.

chapapote 2En decembro de 2002 e principios de 2003 fíxose un gran programa de limpeza, onde traballaron centos de voluntarios de todo o mundo para sacar a maior parte de petróleo posible, grazas a iso actualmente o chapapote non se mira na zona onde se marisca e 18 anos despois desa catástrofe pódese dicir que os percebeiros sacan de alí un produto de primeira calidade.

Inda que estes danos puideran ser maiores se non houbera unha limpeza posterior este feito marcou un antes e un despois  no ecosistema mariño de Galicia. Xa que o buque Prestige ademais de verter 63.000 toneladas de fuel no noso litoral costeiro tamén levouse con el máis de 200.000 aves mariñas.

“Nunca máis” convertese nun lema para a maioría de galegos. E todas as rúas galegas convertéronse en rúas cheas de xente reclamando responsabilidade ante este suceso e solicitando declarar a Galicia zona catastrófica. A conciencia ambiental despois disto foi máxima, e veuse reflectida na ola de protestas como manifestacións da rabia ao ver ante as nosas costas a maior traxedia ecolóxica da historia de España.

Estas foron unhas das moitas imaxes captadas nesa época tan dura:


 


O contido de este post foi sacado de noticias publicadas no farodevigo.es e na lavozdegalicia.es 

Esta entrada foi publicada en Contaminación, Contaminación océanos, Medioambiente e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.