SERÁN OS NAUTILOS OS NOVOS AMMONITES ?

Cortaderas | | + Neuquén

Os ammonoideos mais coñecidos como ammonites, son una  subclase de moluscos cefalópodos extintos, que vivían nos mares, fai mais de 400 millóns de anos hasta finais do Cretácico, gracias a súa rápida evolución é distribución son excelentes fósiles guía para a datación de rochas. Os ammonites son o fósil guía do Mesozoico ou era secundaria.

A rexión anterior das cunchas do ammonites sitúase hacia a abertura da mesma mentres que a posterior é a contraria, e a rexión ventral considérase a parte externa, mentres que a rexión dorsal é a parte interior. Sabias que a cuncha de un ammonites podería chegar a ser do tamaño da roda dun camión?

As partes duras posuían una cuncha fina de aragonito, cunha ornamentación moi marcada e unas costelas moi definidas, esta cuncha divídese en dúas partes: o “fragmocono” (parte que controla a flotación do animal) é a “cámara interior” (onde se recollen as partes brandas);  Sobre as partes brandas dos ammonites, non temos moita información debido a que as partes brandas non fosilizaron, a diferenza das duras, polo cal supoñemos que eran parecidos aos actuais nautilos, cunha coroa de tentáculos na cabeza que sobresaen pola abertura da cuncha.

A carena é  unha curiosidade bastante interesante, esta é un  engrosamento da parte ventral, que funcionaría como a quilla dun barco e que melloraría a natación destes animais, pero non todos os ammonites posúen estas estruturas.

 


 

Esta entrada foi publicada en Educación ambiental, Novas, Sen categorizar, Xenética e evolución, Xeral e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.