Aguantará o Amazonas toda esta deforestación?

A deforestación é un tema moi presente xa que está a suceder en moitas partes do mundo ; sobre todo no gran pulmón da Terra , no Amazonas.
1-ahandoutpict amzonass
Vista da deforestación do Amazonas

Isto está sucedendo no Amazonas, os motivos da tala son moitos, pero a maioría están relacionados coa falta de cartos dos granxeiros ou a necesidade de manter as súas familias.

Os granxeiros cortan os bosques para obter máis terras para traballar ; as veces sen permiso ou con el cortan ou queiman os bosques, pra poder alimentar as familias .
Esta principal deforestación do Amazonas sucede en Brasil, Bolivia , Colombia e Perú .

los-incendios-en-la-amazonia___jnKYG4u9B_720x0__1

A deforestación ten moitos efectos negativos para o medio ambiente: o impacto e máis a perda do habitat de moitas especies típicas do lugar.

A deforestación é tamén un factor moi importante do cambio climático, os chans dos bosques son húmidos, pero sen a protección dos árbores, sécanse moi rápido. Os árbores tamén axudan a facer que dure o ciclo hidrolóxico devolvendo o vapor de auga a  atmosfera, sen árbores que fagan esta parte, estes  terreos pasarán a ser desertos áridos .

As árbores desempeñan un papel moi importante na absorción de gases de efecto invernadoiro, que son responsables do quencemento global. Ter menos bosques significa producir máis cantidade de gases de efecto invernadoiro a atmosfera .

A solución máis rápida a deforestación é, soamente parar a tala de árbores. Malia que o ritmo de deforestación paralizouse un pouco nos últimos anos.

Xa que as empresas deste sector fan que este tipo de solución sexa unha alternativa moi pouco probable.
A solución máis viable sería xestionar os recursos vexetais coidadosamente mediante a eliminación dos despexes agrícolas para asegurar que os hábitats forestais estean intactos.A tala que suceda debe facerse de forma controlada mediante a plantación de suficientes árbores novas que substituián a os máis vellos en todos os bosques e selvas. O número de novas plantacións de árbores aumenta cada ano, pero o total aínda que só equivale a unha parte da área forestal do noso planeta.

 

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Contaminación, Contaminación solos, Medioambiente e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta