A ESCASEZA DA AUGA NESTES TEMPOS DE PANDEMIA.

v

A auga é esencial para poder manter as medidas e precaucións hixiénicas necesarias para evitar a transmisión do covid-19. En África son moitas as zonas que carecen dun acceso adecuado ao auga para lavarse as mans.

Nun momento crítico como o que estamos a vivir, a carencia de auga agrávase polo cambio climático. Por exemplo a seca en África xunto co acceso a auga potable incide na situación de pobreza, a perda de colleitas, a inseguridade alimentaria ou a desnutrición infantil.

O Día Mundial da Auga en 2020, que se celebrou o 22 de Marzo, pretendeu dar relevancia a relación que existe entre a auga e o cambio climático, e que todos coñecemos a partir do desxeo dos polos e glaciares, o aumento do nivel do mar, as inundacións ou que cada vez creza a escaseza e contaminación da auga.

Pero tamén enfrontamos unha maior demanda de auga no mundo debido ao aumento da poboación mundial, ou ao crecemento de prácticas extractivas insostibles, o que inflúe no deterioro creado ao medio ambiente e aos recursos hídricos que existen.

Como consecuencia, contemplamos en diferentes rexións, ademais de África, unha subida da desigualdade e pobreza, onde a imposibilidade de acceder ao auga está minando os pilares sobre os que se fundan as sociedades.

Como resultado, obsérvase un incremento  de loitas externas, a elevación das tensións territoriais ou o movementos de persoas ao ver inundadas as súas casas.

Pero a capacidade de facer fronte a esta visión mercantilista na provisión dun servicio necesario para a vida e a saúde, e que agora na desigualdade e pobreza, e un tema ao que non son alleas as sociedades dos países máis desenvolvidos.

En España, as experiencias de racionalización da auga levadas acabo desde diferentes perspectivas, ofrécenos algo positivo, tanto no social como no económico. Racionalizar infraestruturas e os servizos de auga en áreas urbanas, implica dirixir as nosas sociedades nunhas formas de xestión de bens básicos, que vaise a facer cada vez máis importantes conforme se fagan máis visible os impactos do cambio climático.

De feito, a emerxencia climática vai pedir das nosas sociedades uns procedementos de reestruturación novidosos e radicais que deben estar dirixidos a manter a cohesión social, a equidade e a solidariedade. A situación actual que enfrontamos sitúanos, inda que de forma traumática. Cando falamos da resposta ante o coronavirus e a necesidade de retomar a xestión pública dos servicios esenciais, senón tamén dos servicios sociais e asistenciais como as residencias de maiores, ou tamén a xestión da auga.

A partir da experiencia actual, debemos incidir na necesidade de que esa recuperación, mantemento e mellora da xestión pública dos servicios principais, sexa parte dunhas relacións sociais colectivas dirixidas ao ben común e desfrutar dunhas institucións e unha sociedade máis democrática, xusta e equitativa, e que debe estenderse a outras partes do planeta, pero tamén débenos permitir aprender das experiencias que estanse a levar a cabo noutros lugares.

Neste sentido, esta crisis aguda do covid-19 e as medidas e transformacións que vai a experimentar a nosa sociedade, débenos situar no camiño cara un novo modelo capaz de enfrontar unha crisis moito maior e perdurable, que é a emerxencia climática. Conforme os impactos do cambio climático se faga cada vez máis obvios, as nosas sociedades van xirar máis a necesidade de dispoñer e xestionar os recursos hídricos. É fundamental que esa xestión sexa o máis equitativa e solidaria posible, o que implica superar de forma definitiva os paradigmas baseados no uso mercantilista deste recurso.


Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Ciencia e Sociedade e etiquetada , , , , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta