Canto tempo fai da última vez que puidemos ver todas as estrelas no ceo nocturno? Cada vez esta actividade tan bonita é máis complicada de realizar.
Chamámoslle contaminación atmosférica á presenza de pequenas partículas ou produtos secundarios gasosos no aire que implican risco, dano ou molestia grave para as persoas ou seres da natureza que estamos expostos a elas. E ainda que non nos decatemos, estamos poñendo ó noso planeta en perigo. A contaminación actual da atmosfera do noso planeta deixou atrás unha Terra coñecida como un lugar acolledor, cálido e sostible.
Pero, sabemos ben como está formada a nosa atmosfera?
Esta está composta na súa práctica totalidade por nitróxeno (78%) e osíxeno (21%). Pero falta aquí un pequeno 1% moi importante no que se atopan gases como o argón (Ar), vapor de auga e dióxido de carbono (CO2). Hai miles de millóns de anos este último gas era un dos principais na composición da atmosfera primitiva, e grazas á disminución deste e ó aumento doutros, facilitouse a vida.
Pero na actualidade, o 0,04% de dióxido de carbono da atmosfera está incrementando cada ano, de feito, aumenta en 4 anos o que antes tardaba 200. Malia que este gas está moi lonxe de resultar nocivo para a nosa saúde, está desencadeando no mundo unha serie de problemas:
- Incremento do efecto invernadoiro. Todos sabemos que o efecto invernadoiro é bo, pero o aumento do CO2, que é un dos gases principais deste fenómeno, leva consigo un aumento da enerxía que queda retida na biosfera terrestre e por tanto, un perigoso aumento na temperatura global.
- Acidificación dos océanos. Este proceso é debido ó aumento das emi
sións humanas do CO2. Isto pasa cando o gas entra no océano e reacciona ca auga do mar, producindo ácido carbónico, e aumentando así a acidez do líquido.
Está comprobado que a contaminación causa unha de cada cinco mortes no mundo, e arredor de 33.000 mortes prematuras por ano según Greenpeace. É ainda máis mortal que o tabaco, debido a súa contribución a enfermidades respiratorias, accidentes cerebrovasculares, varios tipos de cancro, etc.
Lamentablemente, a atmosfera continúa en perigo constante, que vai aumentando sobre todo pola culpa da man do home na natureza. Varias causas do impacto na atmosfera do ser humano son:
- Extracións de minerais. Os procesos mineros levan consigo unha gran utilización de produtos químicos que expulsan partículas contaminantes no aire.
- A deforestación. As árbores son as encargados de purificar o aire e absorber o CO2 del, pero coa perda deles a súa función é inevitablemente interrumpida.
- Industrialización excesiva. As fábricas e o consumo están en constante crecemento, e os efectos de fabricación son nocivos para a Terra.
Moitos países do planeta como Bangladesh e Pakistán xa se ven moi afectados ás consecuencias da contaminación atmosférica. É un fenómeno moi triste que destapa o mal coidado que está o noso planeta, pero todavía estamos a tempo de arranxalo. Sempre existen solucións para todo, non si? Hábitos tan simples como coller unha bicicleta en vez dun coche son claves para mellorar. A verdadeira solución somos nós. Só temos que concienciarnos para conseguir facer do mundo un lugar mellor. Úneste?