DO LIXO Ó SOLO, DE INERTE A VIVO

Captura de pantalla 2021-03-12 a las 20.33.09

A compostaxe é o proceso no que á natureza descomponse de xeito natural, restos de animais, plantas ou restos de comida que tiramos ó lixo. Estes descompóñense debido aos microorganismos e insectos para aportar nutrientes ás plantas. Por cada 100 kg de lixo orgánico, obteríamos 30kg de compost.

Actualmente é unha maneira de reducir os residuos urbanos dos vertedeiros. En Galicia o 53% do lixo pertence a residuos de comida, que axudan o cambio climático e potencian o Quecemento Global, porque causan emisións de CO2.

Captura de pantalla 2021-03-12 a las 20.27.14

Moita xente, realiza este proceso de compostaxe coa fin de axudar ó medio ambiente. Debido a compostaxe individual realizada, en casas e grupos familiares, de maneira individual, desenvolveuse a compostaxe comunitaria.

Aquí en Pontevedra, desenvolveuse o Plan Revitaliza, da Deputación de Pontevedra, ou Sogama Circular, da Xunta de Galicia, estes centros están constituidos por unidades modulares dun metro cúbico dispostas de tres en tres, nas que se van desenvolvendo as fases da compostaxe. Así os veciños deben depositar os seus biorresiduos no módulo. Actualmente e cada vez máis está incrementando este proceso de compostaxe comunitaria nos concellos.

Captura de pantalla 2021-03-12 a las 21.37.34

Pasos para a obtención de compostaxe:cuidados de la composta

  1. Separa ben na casa, non introduzca
    s ningún material plástico.
  2. Deposita os biorresiduos no módulo do centro comunitario máis próximo.
  3. Engade estructurante (restos de poda triturada).
  4. Peche a tapa do composteiro.

Vantaxes:

  • Obtención don abono natural, que non é tóxico e beneficia ás plantas, axuda á retención da humidade no solo.
  • Reduce o volumen de lixo.
  • Permite a continuidade do ciclo da vida, é dicir, alimenta a especies vegetáis que logo alimentaran a variedades animais.
  • Melloras no medio ambiente.
  • Reduce agentes patógenos, plagas..
  • Aumenta a infiltración da auga.
  • Reduce o uso de fertilizantes químicos, polo que mellora a capacidade das terras para cultivar.
  • Diminución de malos cheiros.

Desvantaxes: 

  • Certa inversión inicial.
  • Atracción de moscas, mosquitos ou insectos.
  • Dispoñibilidade de terreo.
  • Tempo requerido do proceso para a obtención do compost.
  • Climatoloxía, evitar ambientes húmidos.

Ahora ben, poderíamos facer unha petición ó noso centro educativo co fin de contribuír á releantización do quecemento global cun módulo para depositar restos e facer así un proceso de compostaxe? Axudaría o medio ambiente, e sería un símbolo de unión e axuda dende o Asorey? Que nos ía custar a alumnos, profesores…?


Webgrafía: ligazóns insertadas no propio blog.

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Contaminación solos, Educación ambiental, Medioambiente e etiquetada , , , , , , , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta