Un novo mundo con dinosaurios

clon

Para moitos de nós a clonación de especies extinguidas é un feito excitante e o tomamos como algo próximo á vida cotiá. Mais isto non é de todo certo, xa que a clonación seguramente si que é un feito próximo pero non ao alcance de todos nós.

Moita xente quere traer de volta a especies extintas fai moitos millóns de anos, como os dinosaurios, pero a extinción representa un desafío e non está claro si o ADN dos dinosaurios podrá algún día chegar a recuperarse. Coa tecnoloxía actual as probas de ADN só siguen sendo útiles por un millón de anos e o dinosaurio máis cercano desapareceu fai 65 millóns de anos, polo que sería imposible unha mostra actualmente. Sen embargo si que poden facer ese procedimiento con especies que morreron máis recentemente. Con esas probas ADN poden mutar a especie máis semellante ainda viva e unha especie extinta foi clonada. Inda que explicado así parezca moi sinxelo este procedimiento é longo e custoso, unha clonación de unha especie non salvaxe pode custar ata 15.000 dólares.

skA clonación xa foi probada en algunhas especies, a ovella Dolly foi o primer mamífero da historia clonado mediante unha céluca adulta en 1996. Durou 6 anos ainda que a esperanza de vida na ovella doméstica é do doble (11-12 anos) pero isto é unha característica ao clonar animais, soen ter unha esperanza de vida moito menor ao normal na súa especie. Isto entre moitas outros defectos son os que querer mellorar os científicos, xa que despois de gastar tanto tempo e diñeiro para clonar un animal é necesario que viva o maior tempo posible. Os científicos usaron 277 embrións clonados para obtener a Dolly. Sin embargo si clonas ganado actualmente podes transferir 100 embrións clonados e obter entre 10 e 20 animais clonados, de os cales a mitade no irán arriba pola gran tasa de mortalidade, pero pódese sinalar que é un cambio sorprendente. Despóis de varios avances nas técnicas de clonación siguese sen poder obter o ADN con facilidade de moitos animais extintos fai millóns de anos pero algúns científicos din e afirman que ese feito pode estar máis próximo do que creemos.


Esta entrada foi publicada en Ciencia e Sociedade, Novas e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta