O AMAZONAS EN RUINAS

amazonas 5

Un gran suceso que leva acontecendo dende fai moito tempo e que non se lle logra poñer fin, é a deforestación amazónica.

O Amazonas é unha selva tropical que contén a maior biodiversidade do mundo.

Está situada na súa maior parte en Brasil (acaparando un 60%), aínda que abarca un total de 8 países máis, os cales son: Perú, Colombia, Venezuela, Bolivia, Ecuador,a Guaiana, a Guaiana francesa e Suriname.

En total abarca un total de 5.000.000 km2 de área.

Pero, non é só que non lle podamos pór fin, senón que dende que as grandes empresas apareceron neste lugar aumentaría este suceso. Pois dende o ano 2000 ata o 2004, este proceso aumentaría en velocidade. Aínda que tivo unha tempada na que esta se reduciría, nos últimos anos, en concreto no 2008, 2013 e 2015 volvería a ascender. E parece que está a acontecer de novo, pois  neste último ano o porcentaxe de deforestacion e área pérdida do Amazonas  duplicouse.

amazonas 3

A deforestación desta selva comezou no ano 1977. Dende 1970 ata agora perdeuse un total dun 16% de cobertura da selva e uns 801.449 km2 da selva.

Este feito ocorre en maior parte debido a que se ampliou considerablemente a fronteira agrícola de xeito non permitido, á extracción indebida de minerais e a que se emprega o transporte nesa zona sen os permisos requiridos. Ademais da deforestación das árbores e da contaminación dos ríos e do solo.

Estas serían algunhas das causas empresariais que provocan esta deforestación, mais esta tamén ocorre en menor medida polo uso que os pobos indíxenas  fan desta selva para poder sobrevivir.

Se se continúa este fenómeno, o cambio climático aumentaría o que faría que tamén aumentasen as temperaturas da Terra. Isto  daría lugar a moitos problemas ambientais, como que os polos se derretesen todavía máis ou que se provocasen máis incendios, como o desta mesma selva ocorrido en 2019.

Nesta imaxe, amósase as consecuencias da deforestación que se reflicten no incendio que esta selva sufreu recentemente.amazonas deforestacion

Este incendio producíuse debido a que os procesos de deforestación provocan cambios no clima, como os seguintes: o solo é máis seco e polo tanto máis árido o que facilita a combustión, esto sucede debido a que chove menos. Ademáis deste solo árido, o lume terá un combustible adicional que serán as ramas depositadas nel, procedentes da tala ilegal das árbores.

Para saber máis información acerca deste incendio clica neste enlace.

Se se producise unha deforestación total do Amazonas o hábitat natural de comunidades humanas destruiríase, así como se produciría a destrución da biodiversidade e de un dos patrimonios culturais máis grande do planeta, e por último, e máis importate, un dos grandes pulmóns da Terra desparecería.

Neste video, explícase todo o que debemos de saber acerca desta deforestación.


Se queres obter máis información acerca do amazonas, podes clicar neste enlace .

En conclusión, todos sabemos que, aínda que se atope a miles de quilómetros de nós, o Amazonas é indispensable nas nosas vidas, polo que debemos de facer todo o posible para poder salvalo. Aínda que dende a nosa posición non podamos facer nada, esta deforestación podería ocorrer na nosa vila ou cidade. Está na nosa man poder cambialo.

Debemos de mellorar os nosos hábitos, como por exemplo, mercar produtos locales e que non sexan de grandes fábricas que poderían estar colaborando nesta explotación amazónica, intentar non consumir madeira importada de xeito ilegal ou reducir o consumo do papel, xa que como  dixen antes, a nosa vila tamén está en xogo.

 

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Cambio climático, Contaminación, Medioambiente e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta