UN SOPRO DE AIRE FRESCO

Captura de pantalla 2021-06-06 a las 17.51.46
Algunha vez vos preguntastes o que eran e a función das altas estruturas que atopamos nas grandes dimensións de outeiro cando conducimos pola autovía?

As turbinas eólicas son capaces de interceptar a enerxía do vento. Cada turbina eólica contén unha estrutura de soporte, o polo, as aspas e o rotor. A enerxía cinética do
vento empuxa as aspas e transfórmase en enerxía mecánica, e mediante unha turbina en enerxía eléctrica.

Esta tecnoloxía formIMG_9694ará os chamados parques eólicos, instalados no mar ou na terra, pero que se adaptarán en lugares como outeiros ou costas, que son zonas nas que o vento non consta de obstáculos. Polo que a dirección e o sentido do vento son grandes factores para a situación dos parques eólicos.

Como ben sabemos, o aire é un recurso inesgotable e que dará lugar á enerxía eólica. Que non contaminará porque produce un escaso impacto ambiental, axudará polo tanto a frear o cambio climático, evitando a emisión de toneladas de CO2 a atmosfera. 

A que se debe o vento?Captura de pantalla 2021-06-06 a las 17.50.16
O Sol quenta a Terra, xerando calor na atmosfera, a superficie da Terra quenta máis rápido que a do mar, e así as zonas onde se libera menos calor, aumentan a presión e viceversa. As áreas de alta presión atmosférica, móvense a zonas de alta presión xerando vento. O aire quente ascende e unha vez no cume, arrefría e descende, o que produce maior intensidade na zona continental.

 

Sabedes o tempo que levamos empregando esta enerxía?
O ser humano emprega esta enerxía dende hai máis de miles de anos. O descubrimento dos continentes como América, foi a través dun barco como medio de transporte, as velas que son impulsadas polo vento dende o Antigo Exipto. Co vento tamén se logrou por en funcionamento o muíño de trigo ou de oliva, e ademais bombea os pozos, transformando a enerxía cinética do vento en enerxía mecánica.

Podemos dicir, que acompañou o ser humano moito máis que o petróleo e o carbón, e axudouno en miles de ocasións, cando nada estaba tan desenvolvido. Xerou a electricidade, pensando que a raíz da enerxía eólica, transfórmase en enerxía mecánica e xera este recurso.

Vantaxes do uso de xeneradores

  1. É unha enerxía local e non emprega combustible, polo que non se despraza.
  2. Xera postos de traballo indirectos e incrementa o PIB, pola transferencia de rentas.
  3. É autóctona, xérase en todo o planeta.
  4. Barata.
  5. Fonte de autoalimentación dos fogares.
  6. Fácil instalación.

Desvantaxes

  1. Inseguridade da existencia do vento.
  2. A velocidade debe alcanzar un certo límite para o seu movemento e ao parar.
  3. Construción fixa de liñas de alta tensión.
  4. Ocupación de extensas áreas,
  5. Impacto medioambiental, mortes de aves e visualización negativa nas zonas naturais. 
  6. Efectos estéticos e sonoros.
  7. Interferencias electromagnéticas producidas polas antenas.

Que países empregan turbinas eólicas para producir enerxía eólica?

Moitos países do norte de Europa xeneran enerxía eólica através de turbinas eólicas, entre eles España, Reino Unido e Alemaña. En España, producíuse un 21% de enerxía eólica, e consta con 1267 municipios en máis de 800 municipios, nos que destaca Galicia e os seus pobos arredor dos 60 que constan de numerosas turbinas eólicas, ademáis das solicitudes impostas pola construción en diferentes concellos de máis tecnoloxías iguais, moita controversia se xera entre veciños e concellos, polo desacordo da instalación dos mesmos, a pesar do seu apoio ao medio ambiente.

Cabe destacar que Galicia sendo unha das comunidades autónomas de España, que máis enerxía produce é unha das que máis impostos e prezos elevados paga nas facturas
da luz.

Captura de pantalla 2021-06-06 a las 17.51.55

Contaminación visual?

Múltiples queixas sobre a presenza de turbina eólicas publícanse en moitos xornais, pois transforman a paisaxe, e para poder acceder a estes tamén é necesario abrir pistas, o que modifica o terreo. Tamén benefician ás comunidades de montes onde se instalan, debido a que pola instalación destes, páganlles polo espazo que ocupan.

 

 

 


E ti, que pensas sobre a instalación das turbinas eólicas?

Esta entrada foi publicada en Contaminación, Contaminación aire, Educación ambiental, Medioambiente e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta