É O ALBINISMO É UNHA ENFERMIDADE?

R9b20897fb5bdb05423a5e865db8228ad

O albinismo, tamén chamado hipopigmentación  é debido a un homocigoto recesivo, formado por dous alelos recesivos procedentes de cada un dos proxenitores.

Os albinos carecen de melanina xa que o seu corpo é incapaz de producir esta substancia, isto fai que non teñan pigmentación na pel, no cabelo e no iris dos ollos. Estes tamén deben ter coidado de non estar moi expostos ao sol.

O albinismo máis grave chámase albinismo oculocutáneo. As persoas con este tipo de albinismo teñen dificultades na visión. Tamén teñen os iris, pel e cabelo de cor branco ou rosado.

Algunhas persoas con esta condición, teñen algúns destes síntomas: moitos problemas na visión, sensibilidade á luz, miopía, ollos bizcos.

Hoxe en día non hai ningún tratamento específico para a xente albina, pero protexer os ollos e a pel do sol é moi importante  xa que che poden aparecer lunares ( con pigmentación ou non), manchas grandes, quemaduras solares ou, incluso peor, un cancro de pel.

Se ti tes albinismo e o outro proxenitor  é portador do albinismo,  ou que os dous proxenitores sexan portadores  teñen  posibilidades de ter un fillo con esta condición, nestes casos no nacemento do seu fillo se notan algo de  falta de pigmentación na pel, no cabelo o no iris dos ollos, deberían  facerlle algunhas probas.

O albinismo non está considerado coma unha enfermidade senón coma unha variación da normalidade.


Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.