O ESPELLO DA NOSA SOCIEDADE

consecuencias-medioambientales-consumismo

Na actualidade, o comportamento pésimo do ser humano só prexudica ao planeta, xa que o único que nos achega son problemas para o medio ambiente.

O aumento da deforestación, a seca ou o quecemento global, entre outros, son algúns dos danos causados pola actividade humana.

Hoxe en día, a sociedade humana é unha sociedade baseada no consumo. E aínda que isto non sexa extremadamente malo, hai persoas que realizan un consumo excesivo. Pero, somos conscientes do gran impacto ambiental que xera o consumo abusivo?

Canto máis consumimos, máis recursos naturais se extraen do noso planeta, ademais, tamén aumenta a xeración de residuos. Na actualidade sabemos que dende fai 30 anos, este proceso aumentaría nun 50%.

CALES SON AS CAUSAS DESTE DANO AO PLANETA?

A causa principal deste problema é o consumo que realizamos as persoas dos produtos. Actualmente, consúmese de maneira inmoderada. Non somos conscientes do dano que estamos ocasionando, polo que seguimos a facer que o noso planeta empeore. Actuamos sen pensar e baseándonos nunha serie de “regras sociais” nas que se nos dicta que esto está ben, xa que, supostamente, canto máis teñas, mellor persoa eres. Comportámonos de xeito imprudente, sen sequera decatarnos de que ao mesmo tempo tamén nos estamos a perxudicar a nos mesmos.

QUE CONSECUENCIAS PODE ARRAIGAR O NOSO CONSUMISMO?

Son moitas as consecuencias que produce o consumo irresponsable do ser humano, algunhas das máis importantes son:

  1. A deforestación. Influirá neste proceso debido a que canto máis consumamos, precisaremos de máis materias primas. Ademais, edificaremos en máis lugares para poder producir máis produtos e, necesitaremos zonas que poder explotar mediante a agricultura e a gandaría.
  2. A perda da calidade e cantidade da auga. Todos os residuos e restos de produtos que tanto as persoas como as industrias tiramos aos río e mares, dan lugar a que se produzca esta consecuencia.
  3. Consecuencias-del-consumo-de-energia-1-700x525A contaminación do aire. Para poder abastecer a demanda dos produtos,  as fábricas xeran un gran número dos mesmos, o que da lugar a que se emitan grandes cantidades de gases contaminantes.
  4. A modificación e contaminación do solo. O solo vese afectado en moitos aspectos. Non poder abastecer todo o lixo que se tira, explotar minas para a elaboración de distintos produtos ou a construción de novos edificios que dan lugar a que se modifique o solo, ocasionan a  contaminación do mesmo.
  5. impacto-ambiental-consumo-1280x720Perda da biodiversidade. A construción de edificios xunto cunha explotación dos recursos naturales dan lugar a que se produzca un aumento  da perda da flora e da fauna.

En definitiva, debemos de saber que o consumo imprudente acaba cos recursos do planeta, incrementa o cambio climático, e xera residuos que posteriormente serán mal xestionados.

Neste enlace atoparás máis información do consumismo.

Este vídeo explica todo o que debemos saber do consumismo.


Tras coñecer todo isto, considero que debemos consumir con cabeza.  Non se trata dun capricho,  a vida do noso planeta está nas nosas mans. Debemos de facer o posible para conservalo.

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Cambio climático, Contaminación, Contaminación aire, Contaminación océanos, Contaminación solos e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta