O XEO, O NOVO PERIGO

descarga

Como ben sabemos, o cambio climático é algo que está afectando moito a día de hoxe, pero un dos impactos máis graves que está provocando e o desxeo dos polos.

E por que e isto un problema?

Pois ben, o Ártico e a Antártida constitúen o 80%  da auga doce do planeta ademais de ter o 90% do xeo na superficie terrestre. Fai séculos, o desxeo era algo natural, xa que se producía polas estacións do ano, inda que é certo que había momentos nas que se producían glaciacións e noutras derretementos, isto estaba en constante equilibrio.

Houbo moitos cambios e en concreto nas últimas décadas o desxeo foi aumentando pola gran cantidade de dióxido de carbono que desprenden as accións humanas, as cales fixeron que a temperatura aumentase e a calor se reteña na atmosfera, por ende unha aceleración no desxeo. A día de hoxe o xeo do polo norte reduciuse un 40% en aproximadamente 40 anos e os datos obtidos sobre á Antártida afirman que a situación do desxeo é irreversible.

Como non, que os glaciares se desconxelen, ten unhas consecuencias para o medio ambiente; algunhas delas son:

  •  Aumento do nivel do mar 

O desxeo dos glaciares contribuíu no aumento dos océanos nun 2,7 centímetros dende 1961. Ademais, os glaciares do mundo teñen o xeo suficiente ( uns 170.000 quilómetros cúbicos) como para aumentar o nivel do mar case medio metro.

  •  Impacto sobre o clima

 O desxeo glaciar nos polos está freando as correntes oceánicas, un fenómeno relacionado coa alteración da climatoloxía mundial e a sucesión de episodios meteorolóxicos cada vez máis extremos en todo o mundo.

  •  Desaparición das especies

O desxeo dos glaciares provocará tamén a extinción de numerosas especies, xa que é o  hábitat natural de numerosas especies de animais terrestres e acuáticos.

  •   Menor cantidade de auga doce

A desaparición dos glaciares significa tamén menor cantidade de auga para o consumo da poboación, e menor capacidade para xerar enerxía hidroeléctrica e tamén menos dispoñibilidade para regar.

A parte “boa” é que tamén hai unhas solucións para mellorar e frear este problema

Os glaciólogos creen que, a pesar da perda masiva de xeo, aínda estamos a tempo de salvar aos glaciares dunha desaparición anunciada, pero para iso, todos nos deberíamos poñer o noso gran de area e axudar ao noso planeta a conseguir isto a través dalgúns destes consellos:

  •   Deter o cambio climático

Para salvar os glaciares, é imprescindible diminuír as emisións mundiais de CO2 un 45 % na próxima década e a cero despois de 2050 para así frear o quecemento global.

  •   Frear a súa erosión

Unha revista científica suxeriu levantar un dique de 100 metros fronte ao glaciar Jakobshavn (Groenlandia), o máis castigado polo desxeo do Ártico, para conter a súa erosión.

  •  Xuntar icebergs artificiais

Un arquitecto indonesio, Faris Rajak Kotahatuhaha, foi galardoado polo seu proxecto Volver a conxelar o Ártico, que consiste en recoller a auga dos glaciares derretidos, desalala y conxelala de novo para crear grandes bloques hexagonais de xeo. Gracias a súa forma, estes icebergs poderían xuntarse e formar masas xeadas.

  •  Aumentar o seu grosor

A Universidade de Arizona propuxo unha solución aparentemente sinxela: fabricar máis xeo. A súa proposta consiste en recoller auga de debaixo do glaciar mediante bombas impulsadas por enerxía eólica para expandila sobre las capas de xeo superiores, de forma que esta se conxele na superficie reforzando a consistencia do glaciar.


 

 

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Medioambiente e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta