Ecosistemas de microplásticos

 

HRHS_186

Lamentablemente, hai plástico en todos lados. Tirado no medio das estradas dos nosos pobos, formando illas de enorme tamaño no medio do océano… E malia que pareza increíble, hai plástico ata na nosa atmosfera.

Isto débese en boa parte á aparición de microplásticos, pero, que son?

Os microplásticos son diminutas pezas de plástico, de tamaño inferior a 5 mm que contaminan o noso medio ambiente. Estes, segundo a súa procedencia, pódense clasificar de dúas formas:

  • Microplásticos primarios. Estes son producidos da mesma forma coa que semicroplasticos-AyP3 atopan. Poden aparecer en forma de produtos cosméticos, ou ben ser producidos a propósito a modo de materia prima para a produción de outros plásticos.
  • Microplásticos secundarios. Consecuentes da dexeneración doutras pezas de maior tamaño, co paso dos anos. Poden proceder pola fragmentación de materiais por axentes externos, como radiacións ultravioletas, ou ben pola degradación de neumáticos, entre outras.

Por desgraza, o ecosistemas mariños son os máis afectados, posto que arredor do 70% de 6,4 millóns de toneladas de residuos son plásticos que rematan no mar, que tardan aproximadamente 1000 anos en degradarse. Estes residuos son os causantes dacadena_alimenticia contaminación dos ambientes acuáticos, afectando tamén ós seres vivos que os habitan.

De feito, en 2017 a ONU declarou que no mar había ata 51.000 partículas microplásticas que debido á cadea alimenticia, podían chegar a ser inxeridas por nós. Ademais, en 2018, estudos descubriron a presenza destas partículas en feces humanas. E ainda que o efecto destes plásticos na saúde das persoas todavía é descoñecido, ben certo é que conteñen substancias químicas, probablemente tóxicas, que poderían chegar a ser moi dañinas.

Por outra banda, a presenza de microplásticos xa non está relacionada DVLMHJ2C25H7NASXPLTX7DMFFAunicamente coa contaminación do mar. Estudos descubriron a aparición destes na atmosfera, o que podería causar un importante efecto na nosa saúde. Recientemente detectaronse no ceo de Madrid, concentracións que estiman entorno a 1 billón de microplásticos flotando no aire.

Os plásticos poden recorrer todo o planeta no chamado ciclo do aire, e poden permanecer nel ata seis días e medio antes de volver a caer.

Realmente xa están en todas partes, e afectan en gran medida ao noso medio ambiente. Esta situación xa chegou moi lonxe. Pero todavía estamos a tempo de mellorala. A Unión Europea segue buscando solucións contra este problema, do que, desgraciadamente, todos somos culpables.


Esta entrada foi publicada en Contaminación, Contaminación aire, Contaminación océanos, Medioambiente e etiquetada , . Garda o enlace permanente.