Infórmate para vivir

educacion-ecologica

A biodiversidade é responsable de garantir o equilibrio dos ecosistemas do mundo enteiro e a especie humana depende dela para sobrevivir. Mais moitos de nos non teñen isto en conta xa que a principal ameaza para a biodiversidade e a acción humana, como a deforestación, os incendios forestais, cambios no clima dos ecosistemas pola contaminación…

Ademais o dano causado á biodiversidade afecta non só as especies dun lugar determinado, si non que tamén afecta á rede de relacións entre especies e ecosistemas de todo o mundo.(entre elas a especie humana

Por exemplo, debido á deforestación e a os incendios moitas especies chegaron a extinguirse antes de que se puideran estudar ou antes de que se tomara algunha medida para tratar de preservalas.

Isto non quere dicir que un ecosistema non pode cambiar, ao contrario, co paso do tempo todos os ecosistemas se transforman noutros distintos de forma natural e sen ningún risco para as especies que viven dentro del, xa que evolucionan ou emigran para cubrir as súas necesidades e adaptarse ao medio ou o medio a esa especie paulatinamente.

A pouca visualizade neste tema tan importante que nos inflúe a todos ten que ver coa medios de comunicación en masa, xa que particulares ou colectivos interesados poden ler estudos o buscar información pola internet pero máis alá da propia investigación non temos mínima información da verdadeira importancia deste tema.


Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Educación ambiental e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta