RADIOACTIVIDADE SEN SINTONÍA

A seguinte foto mostra a escala INES a cal se encarga de valorar os accidentes nucleares.

Os materiais radioactivos liberados ao ambiente poden contaminar o aire (o tritio e o carbono 14 son isótopos causados pola radiación cósmica), o auga, as superficies, solos e plantas, edificacións, persoas e animais.

Radiación ionizante:

Nesta categoría atópanse os raios X, raios gamma, partículas alfa, partículas beta.

É a radiación máis perigosa pois posúe a enerxía suficiente para alterar a materia desprendendo os electróns dos átomos e convertindoos en ións. Cando a dosis de radiación supera determinados niveis pode ter efectos perxudiciais na saude como queimaduras cutáneas, caída do pelo, náuseas, síndrome de irradiación aguda, dano no ADN, e incluso a morte. As dosis baixas aumentan o risco de efectos a longo prazo como o cancro. Os efectos dependerán de factores como o sexo, a idade, o tempo de exposición, a idade na que se estivo exposto, nutrición, etc.

Os seres vivos están espostos a baixos niveles de este tipo de radiación como a procedente do sol, as rochas, o chan, fontes naturales do propio organismo, residuos de probas nucleares pasadas ou materiais radioactivos liberados de hospitais e plantas nucleares.

Radiación non ionizante:

Este tipo de radiación ten baixa enerxía polo que non pode arrancar os electróns da materia que ilumina pero pode producir excitacións electrónicas.

Neste grupo están incluídos a luz visible, infravermella e ultravioleta, microondas, ondas de radio e a enerxía de radiofrecuencia dos teléfonos móbiles. Está establecido que a maioría das radiacións non ionizantes non provocan cancro.

Aínda que esta radiación non presenta demasiado perigo, hai que ter coidado coa visión, pois a exposición a frecuencias ópticas (infravermello, visible, ultravioleta) pode ser perxudicial para á vista desencadeando queimaduras de retina, fotorretinitis, fotoqueratitis, fotoconjuntivitis e inducir a aparición de cataratas.

Para máis información podes visitar este pdf

Que é a enerxía nuclear?

Os residuos radiactivos poden danar o medio ambiente. Por exemplo, se os residuos enterrados entran en contacto co auga subterránea ou o auga da choiva poderían mesturarse e así transportalos ao entorno human, danando así animais e ecosistemas ao ter sobre eles choiva mesturada con residuos radioactivos ou ao abastecerse de auga contaminada. Cómpre facer unha boa xestión destes residuos.

As centrais nucleares precisan de cantidades masivas de auga para que a temperatura non se eleve demasiado, ao coller esta auga de ríos e mares tamén hai a posibilidade de que animales mariños vaian incluídos no auga. Ao rematar de usala devólvese ao seu lugar de orixe, pero con unha temperatura máis elevada que pode facer que plantas e outros animais mariños véanse afectados.

Accidentes nucleares:

Os accidentes nucleares ocorren cando prodúcense fugas nos reactores das centrales nucleares. Os niveis de radiación que se liberan poden causar dende malformaciócns ou tumores ata a morte de animais, persoas e plantas a curto, mediano e longo plazo.

Chalk River (Canadá) No accidente verteuse combustible que foi liberado en forma de partículas da fisión nuclear en millóns de litros de auga contaminada, que evacuouse moi preto do río Ottawa.

Windscale (Reino Unido). Estímase que morreron 240 persoas por culpa do cancro de tiroides, ocasionado polo iodo-131. Non se evacuou a zona pero o leite producido a 500 km² estaba contaminado.

Fukushima (Xapón). Ao fallar os sistemas de refrixeración do núcleo as unidades 1, 2 e 3 liberaron contaminación radioactiva. Producíronse explosións, fugas de auga radioactiva, novos temblores. Xapón recoñece un morto pola radiación. Hoxe en día hai máis de un millón de m³ de auga radioactiva e o lugar acumula uranio e residuos fundidos aún radioactivos, 39.000 persoas non se atreven a volver as súas casas.

Bombardeos en Hiroshima e Nagasaki (Xapón). Foron bombardeados coa bomba atómica provocando entre 105 000 y 120 000 mortes instantáneas e máis de 130 000 persoas con enfermidades. Cara finais de ano o número de mortes duplicárase ata 246 000 persoas. Dende entón cóntanse 565 mortes máis.

Chernóbil (Ucrania). Ao explotar, este núcleo emitiu 300 Sv/h. A estrutura destruída ardeu durante 10 días, 31 persoas morreron inmediatamente na explosión e 4056 persoas faleceron nos días seguintes. A choiva radioactiva concentrouse preto de Bielorrusia, Ucranina e Rusia. Polo menos 350.000 persoas tiveron que ser evacuadas dos seus fogares. Despois do accidente trazas de depósitos radioactivos foron atopados en case tódolos países do hemisferio norte.

Esta catástrofe provocou a liberación de elevadas cantidades de radiación cara a atmosfera, a máis potente e significativa non intencional ata a fecha. 142.000 km2 dos arredores resultaron contaminados. Máis de 4 millones de hectáreas de bosques do centro de Europa están contaminados. Os bosques contaminados de Ucrania cubren o 10% do territorio, en Bielorrusia calcúlanse danos de 8.000 millóns de dólares nos seus bosques. Terán que pasar polo menos 30 anos ata que a radioactividade descenda o suficiente para que se poda explotar de novo os bosques.

Unha das máis coñecidas consecuencias deste accidente é o Bosque Rojo. Refírese ás árbores ubicadas a 10km2 nos arredores da central nuclear. O nome provén do color roxizo/amarelento que desenvolveron os pinos ao absorver tan intensa dosis de radiación. Estos pinos están mortos e non florecen, as súas follas atópanse no chan pero non se descompoñen. Os animais da zona, 30 anos despois do accidente, empezan a desarrollar malformacións.


Centrales nucleares en España:

En 2020 a enerxía nuclear foi a primeira fonte de xeración de enerxía eléctrica en España cun 22,18% da producción. Hai 5 centrales nucleares en activo. En Salamanca atópase unha fábrica de comustible nuclear e en Córdoba existe un centro de almacenamento de residuos radioactivos de media e baixa actividade (95%). Para os de maior radioactividade (5%) hai un proxecto de construcción dun Almacén Temporal Centralizado. O peche das centrales nucleares en España poría en risco o 23% da luz e de producción eléctrica.

O accidente máis remarcable nunha central nuclear española foi o de Vandellós I. Non houbo consecuencias importantes pero organizáronse manifestacións para pechala.

Na Unión Europea hai 110 reactores, 58 en Francia, que producen o 26% da electricidade usada en toda a UE.

Esta entrada foi publicada en Contaminación, Medioambiente. Garda o enlace permanente.