DESERTO FLORIDO DE ATACAMA

 

No medio do deserto de Atacama, os poucos milímetros de precipitacións que se producen na zona axudan ao crecemento de sementes, bulbos e arbustos os que esperaron durante anos algo de auga. Este é un fenómeno único no mundo pola súa beleza e diversidade de especies.

Os cientifícos o consideran un laboratorio natural para estudar a resistencia das plantas, a falta hídrica e as altas temperaturas debido ao cambio climático. A flor de maior abundancia e a flor “patas de guanaco” pero nesta zona encóntranse non menos de 35 especies confirmadas, algunha en perigo de extinción.

É unha zona híperárida, onde non chove por anos, e aínda así cando chove non falamos de chuvias torrenciais, falamos de milímetros. Trátase dun ambiente que parece inhóspito e privado de vida, sen embargo, no solo hai moitas especies vivas e un pouco de auga, pero e moi escasa, infrecuente e impredicible.

O biólogo Francisco Squeo explica que se trata dun deserto de catro millóns de anos, que soportou glaciacións, períodos secos de mil anos e situacións como a actual, donde os cambios aceleran en pouco tempo.

A flora crece baixo moitas condicións de desvantaxea, polo que teñen características especiais como follas pequenas, acumulación de auga e teñen un sistema fotosintético distinto. Os fungos e as bacterias permiten sobrevivir as especies e aguantar anos sen auga.

O que ten concentrados a os científicos neste deserto é para realizar a primeira biblioteca xenética do deserto. Resulta crucial identificalas para saber  o estado de vulnerabilidade de estas especies, ameazadas pola actividade industrial, gandeira, cambio climático e extracción masiva da flora. Outros científicos enfócanse máis en como a través da xenética podemos implementar a tolerancia das plantas cultivadas. A planta evolutivamente desenvolveu mecanismos para adaptarse as condicións de baixa disponabilidade hídrica, logo seleccionamos as especies que presenten estes mecanismos, ou similares que nos permitan disminuír o consumo de auga dos cultivos sen afectar a o seu rendimento.

No medio da crisis do cambio climático trátase de avances esperanzadores. As plantas, para defenderse necesitan maior cantidade de auga e é xustamente o contario o que sucede, donde a disponibilidade de agua diminúe, polo tanto, as plantas do deserto florido pódennos abrir moitas portas, a que nosos cultivos se adapten e poidan producir con menos auga. En Atacama, os efectos do cambio climático son evidentes. A intensidade tamén está decaindo e iso impacta sobre a composición, porque dentro da natureza hai especies que se adaptan mellor que outras.


Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Clima e meteoroloxía, Medioambiente. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta