O PERIGO EN MINIATURA

O plástico está moi presente nas nosas vidas. O primeiro plástico sintético inventado foi en 1907 e, 114 anos despois, estamos a vivir uns dos problemas máis preocupantes no mundo. Cada vez que saímos á rúa, atopamos plásticos polo chan, na praia e mesmo nos parques dos nenos. Foi terrible cando os plásticos comezaron a contaminar a superficie da Terra, máis o foi cando chegou aos océanos, pero é aínda peor cando che digo que estes mesmo xa se atopan na atmosfera, asombroso, non si?

Atopámolos en forma de microplásticos que poden permanecer seis/sete días no aire ata que volven a caer na superficie terrestre, de onde procedían.

O 84% destes microplásticos proceden das estradas, debido aos pneumáticos e ao propio Diez fuentes de microplásticos que pueden acabar en tu boca (y lo ignoras totalmente) | Foro Económico Mundialasfalto. Tamén veñen dos océanos, un 11%, e do campo, 5%. Cando nos falan sobre a contaminación na atmosfera, o primeiro no que pensamos son nas cidades;  pois en verdade, de todo os microplásticos, so un 0,3% procede destas. E ti dirás, como é isto posible?. Isto débese a que, coa presenza das altas edificacións, o aire é interceptado e non é capaz de levantar esas pequenas partículas.

 

Janice Brahney, profesora de recursos naturais da Universidade Estatal de Utah, fixo un estudo sobre estes microplásticos.  “Estes plásticos non son novos este ano, son, do que xa levamos vertendo no medio ambiente durante décadas”. Estes levan circulando polo aire que respiramos e no interior da comida que inxerimos tanto tempo que xa non soamente os atopamos pola rúa como vos dicía anteriormente, se non que tamén os atopamos xa no noso corpo, no torrente sanguíneo e nas feces humanas.

Janice explícanos que entender cómo se moven os microplásticos é esencial para poder solucionar este problema. Sabendo con certeza como é a súa expansión, axudaríanos a medir con maior precisión, o seu impacto ambiental.

Danos no medio ambiente:

  • Afecta no ecosistema mariño xa que os animais os comen  e estes son tóxicos para eles.
  • Afectan á superficie terrestre porque se asentan no solo aumentando o risco dun efecto tóxico para os animais e para os alimentos que cultivamos e, que polo tanto, consumimos.

Poucos estudos afirman cales son os efectos destes plásticos nos seres humanos. Fixéronse algúns experimentos con roedores para saber como actuarían estes nas persoas. Os principais efectos eran:

  • Provocan dano celular.
  • Secreción de citocinas.
  • Reaccións inmunitarias.
  • Neurotoxicidade.
  • Dano no ADN.


Fontes de información: Climaterra, National Geographic e Cornell University

Esta entrada foi publicada en Contaminación, Contaminación aire, Contaminación océanos, Contaminación ríos, Contaminación solos, Medioambiente e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.