O tráfico ilegal de especies fainos enfermar

O tráfico ilegal de especies é un crime internacional, cunha crecente demanda, cuxas sancións son pouco rigorosas a pesar de poñer en risco a supervivencia de animais en perigo de extinción e estar aniquilando a vida salvaxe de moitos países. Pero ademais de ser un perigo contra a biodiversidade tamén afecta á saúde humana, segundo o Informe Mundial sobre Delitos contra la Vida Silvestre, tres cuartas partes das enfermidades contaxiosas, como a COVID-19, foron transmitidas de animais a persoas.

O Informe analiza o impacto do tráfico ilegal de especies protexidas e sinala que a facilidade de transmisión de enfermidades ven dada pola destrución do ecosistema e o comercio de flora e fauna salvaxe.

Unha demanda baseada en moitos casos en supersticións, empuxa á extinción de moitos animais e xera un negocio que destrúe a natureza e fomenta a corrupción.

Colmillos de elefante, aletas de tiburón, pero tamén trafícase con exemplares vivos que son usados, ou ben como mascotas, a pesar de ser salvaxes, ou para ser sacrificados.

Fixéronse unhas 180.000 incautacións en 149 países, o que demostra que afecta a todo o mundo.

“Concienciar sobre a escala e o  impacto das amenzas planteadas polos delitos contra a vida silvestre poden axudar a reducir a demanda de produtos”, di Waly no informe. Por exemplo, a concienciación das marcas de roupa, produciu unha redución no uso da pel de réptiles.

Así tamén se viu afectada a poboación de elefantes, que se reduciu pese a todos os esforzos. En África, descende cada ano máis de 10.0000 exemplares destes grandes mamíferos, ata deixar a poboación total nuns 500.000 elefantes.

Por outro lado, España ten un plan chamado Plan de Acción Español contra el Tráfico Ilegal y el Furtivismo Internacional de Especies Silvestres (Plan TIFIES) para previr o comercio ilegal e furtivismo dende a súa orixe. Entre as iniciativas deste plan no 2019, podemos destacar as seguintes: golpes ao tráfico de especies silvestres, formación aos axentes  do SEPRONA e apoio á ciencia, madeira protexida e combatir o tráfico de especies silvestres na súa orixe.

Esta entrada foi publicada en biodiversidade e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.