SURFEANDO SOBRE ONDAS DE PETRÓLEO

A costa de Huntington atópase en California (EEUU). Coñecida como a capital do surf, protagoniza un dos desastres naturais máis importantes da súa historia recente; posto que vertéronse nela accidentalmente máis de 475.000 litros de petróleo cru. Cubrindo unha superficie de aproximadamente 34 Km cadrados no Océano Pacífico. Isto abarca dende o peirao de Huntington Beach ata Newport Beach, a poucos quilómetros do sur de Los Ángeles.

Nestas praias apareceron mortos peixes e aves, polo que as autoridades decretaron que estas praias permanecerán cerradas durante meses, tamén advertiron que os responsables deberán asumir as consecuencias. Katrina Foley alertou “O impacto no medio ambiente é irreversible”, quen é a supervisora do condado de Orange. Orange é un dos condados máis afectados.

          

Huntington beach debido á súa continua ondada e a que ten 13 km de costa é unha das praias preferidas polos surfistas. Newport beach conta cunha costa de 12 km e é considerada a mellor praia para facer bodysurf de todo o país, polo que este desastre ecolóxico afecta a moitísima xente que desfruta do verán permanente destas augas.

Nestes momentos, debido a que a costa está cuberta por petróleo, se non fose pola prohibición que restrinxe o acceso a estas praias os surfistas terían que empezar a practicar surf sobre petróleo. Aínda que o feito de non poder nadar nin respirar nestas augas non faría desta tarefa algo doado.

A noite do 3 de outubro a Garda Costeira de Estados Unidos informou que as tripulacións “recuperaran” da auga arredor de 12.000 litros de petróleo.


Mentres que se investiga sobre este derrame coa axuda de varios mergulladores inténtase que a mancha negra non se expanda. A razón deste derrame de petróleo foi unha filtración nun oleoduto submarino, que proviña de Platform Elly, operado por Beta Offshore, subsidiaria californiana de Amplify Energy Corporation. . “Aínda que a fuga non se detivo por completo, completouse o traballo preliminar para reparar a área danada”, comunicaron as autoridades locais. Estas instalacións, segundo o director de Amplify Energy, construíronse a principios da década de 1980 e inspecciónase cada dous anos. Unha das teorías apunta a que a áncora dun barco perforaría o oleoduto, pero non está confirmado.

A pesar de que o cheiro a petróleo comezou a molestar aos veciños o venres 1 de outubro e a mancha apareceu a mañá do sábado, a compañía que opera o oleoduto non pechou as operacións ata esa noite. Ao día seguinte, o petróleo seguía derramándose a uns oito quilómetros da cidade costeira de Huntington Beach e a súa alcaldesa advertiu que os litros de petróleo seguirán golpeando as costas da zona durante os seguintes días.

Debido á contaminación destas augas declarouse que calquera alimento subtraído destas costas é unha “ameaza para a saúde pública”.  Tamén afecta a todas as comunidades próximas debido ao cheiro espantoso que cubre toda a costa. Os grupos ecoloxistas aproveitaron este desastre para presionar a California para que substitúa os combustibles fósiles polas fontes renovables.

A pesar dos labores de limpeza, sábese que a mancha de petróleo de 34 quilómetros xa se infiltrou no pantano de Talbert, unha gran reserva ecolóxica, causando “danos significativos”, o petróleo puxo en risco aos animais que habitan nela. Agora búscase que esta mancha negra non alcance a reserva ecolóxica de Bolsa Chica e os humidais de Huntington  Beach.

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Contaminación, Contaminación océanos, Medioambiente e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta