UN ESPAZO E MOITA VIDA

Os canóns do Sil, A Ribeira Sacra

Que son os espazos naturais?

Os espazos naturais, son zonas naturais protexidas, o que quere dicir, que non foron transformadas polas accións humanas e o seu obxetivo é protexer e conservar a flora e a fauna, pode ser por tres razón, ou ben, porque son paisaxes únicos ou especiais, por protexer a biodiversidade ou debido a súa fraxilidade.

Pero, cal é a diferenza cun zoolóxico?
Un zoolóxico é un centro de conservación, onde a súa intención, é utilizar os animais, que a maior parte das veces están enxaulados, como obxetos, para incrementar a cultura, e deste xeito, tamén a economía. Polo contrario, os espazos naturais protexidos, son zonas naturais, onde os animais atópanse en liberdade e intentan protexer todo tipo de ser vivo.

Hai varios tipos de espazos naturais protexidos, a finalidade dunha reserva natural e a investigación científica, un parque natural encárgase de protexer especies vexetais e animais, e cando están xestionados polo Estado, chámanse parques Nacionais. Cando se trata do medio mariño, chámase Áreas Mariñas e por último, os paisaxes protexidos e monumentos naturais, son espazos que están protexidos pola súa beleza singular, por exemplo, de especies raras.

Poden atoparse nunha gran variedade de lugares, en montañas, en zonas marítimas, no deserto etc. A maior parte das veces pódense visitar, pero hai que seguir unha serie de normas, como non molestar a fauna e non ter contacto con ningún tipo de animal.

España é o país con máis reservas da biosfera recoñecidas pola Organización de las Naciones Unidas para a Educación, a Ciencia e Cultura (UNESCO) e tamén o país da Unión Europea que máis participa na Red Natura 2000, unha cuarta parte do territorio español, adícase a conservación da natureza.

Estes, tamén son unha gran axuda para o turismo, xa que ao ano, os parques españois reciben como mínimo 23 milóns de visitantes. O parque natural protexido máis visitado en España, é o Teide, en Canarias.

Entre outras moitas cousas os beneficios de protexer estas áreas son: que contribuen ao abastecemento da auga, dos alimentos e materias primas e axudan a regulación climática.

Actualmente, hai ao redor de 2000 espacios protexidos en toda España, como por exemplo, El Parque Nacional de Sierra Nevada, El Parque Nacional del Timanfaya, Picos de Europa etc. A comunidade Autónoma de Galicia, tamén ten moitos espacios protexidos, As Fragas do Eume, Serra do Xurés, Os canóns do Sil, O Courel, entre outras moitas.

Fuentes: Definición ABC, Wikipedia, Ambientum


Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Medioambiente e etiquetada , , , , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta