A PANDEMIA DE PLÁSTICOS

FOTO 1

Vivimos rodeados de plástico: nos envases, na roupa, nos productos de hixiene…. E como consecuencia, o 80% da basura mariña son pláticos, segundo os datos da Comisión Europea. Una vez que chega á natureza a súa descomposición e moi lenta, polo que acaban inxeridos por moitos animais e morrendo, ou engadidos á cadea trófica, tal e como se amosa nun estudio da OCU no que se atoparon micropásticos no 68% dos 102 alimentos de orixe mariño analizados (tales como mexillóns, ameixas, lagostas, gambas…).

FOTO2

Deste consumo, un 48% son plásticos dun só uso que, segundo diversos estudos, adoitan ter un uso medio de menos de 15 minutos, pero un custo económico, e sobre todo ambiental insostible, polo que urxe tomar medidas por parte da cidadanía e dos poderes públicos.

Para tratar de poñer freo a esta situación, o 5 de xuño de 2019 aprobouse a DIRETIVA (UE) 2019/904 DO PARLAMENTO EUROPEO e DO CONSELLO relativa á redución do impacto de determinados produtos de plástico no medio ambiente.

Según a norma europea, desde o 3 de xullo de 2021 está prohibida a venda no conxunto da Unión Europea dos seguintes produtos:

  • Cubertos de plástico dun so uso como culleres, tenedores, garfos e palillos.
  • Platos de plástico dun so uso.
  • Palliñas ou axitadores de bebidas.
  • Bastóns de algodón para os oídos fabricados en plástico.
  • Paus de plástico para soster globos.
  • Contedores de alimentos e tazas de poliestireno expandido (corcho blanco).

Tamén entran en vigor obrigas de marcado para sensibilizar á poboación sobre o impacto ambiental en compresas, tampóns hixiénicos e aplicadores, toalliñas húmidas, produtos do tabaco con filtros e vasos de bebida.

En España estase retrasando a súa retirada do mercado xa que o Goberno non traspuxo a directiva europea, pois decidiu adaptala á lei de Residuos que se atopa en trámite parlamentario e que se estima que ate 1 de xaneiro de 2023 non será aprobada e entre definitivamente en vigor.

Unicamente Baleares foi a Comunidade Autónoma pioneira en poñer en marcha e incluso ir máis lonxe do establecido nesta lexislación, xa que desde o pasado mes de marzo está prohibida a venda nestas illas de produtos dun só uso de plástico, incluindo (ademáis dos estipulados na diretiva europea) outros como as bandexas de plástico destinadas a empaquetar produtos alimenticios ou os aneis de plástico en paquetes de bebidas.


De todos xeitos, incluso logo do 2023 poderá seguir a comercializarse este tipo de produtos ata que se acabe o stock nas tendas.

Como consumidores, é fundamental que sexamos conscientes da gravidade deste problema e comecemos a tomar medidas sobre todo relacionadas coa eliminación, e se non é posible, á redución e cambio por productos similares pero fabricados en papel, cartón ou fibras naturais.

FOTO3

Esta entrada foi publicada en Contaminación, Contaminación océanos, Medioambiente e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta