ECO-LÓXICA: COMPOSTAXE

Neste artigo explicaránse diferentes accións beneficiosas  para o medioambiente que se poden seguir de xeito individual/familiar. Porque a lóxica ecoloxista é a única que nos permitirá un desenvolvemento sostible.

Que é a compostaxe individual?

O compostaxe individual non é mais que a reciclaxe da materia orgánica ou biorresíduos en orixe, convertíndoos nun abono natural.

Quen podería compostar?

Calquera familia que dispoña de casa con horta ou xardín. Tamén é posible se se dispón dunha terraza adecuada.

Que se pode compostar?

Todo alimento de orixe vexetal ou animal crú ou cociñado: restos de froita e verdura, carne, peixe, arroces, pastas, pan, ovos (a casca mellor esmagala algo antes), iogures, pousos e filtros de café. Pero tamén os panos de papel ou servilletas se son brancos e non en moita cantidade, e follas, flores, plantas, herbas, restos de podas.

Calcúlase que en Galiza, o 53% da basura que se xera nos fogares está composta por residuos orgánicos que poderíamos compostar.

Como xerar o compost?

O primeiro sería dispoñer dun composteiro. Cambados, e outros 36 concellos da provincia de Pontevedra participan do Plan Revitaliza (e moitos outros en toda Galiza) que facilita, para as familias que o soliciten, un composteiro individual, así como a formación precisa para o seu emprego eficiente.

Instalar o composteiro. Recoméndase que sea preto da casa por comodidade, pero o máis importante é que sexa un lugar con sombra no verán e algo soleado no inverno. Se pode ser debaixo dunha árbore de folla caduca, mellor. Deberase instalar sobre o chan, a ser posible cunha malla de enreixado con buratos de aproximadamente 1 cm para que non  poidan entrar roedores pero sí vermes e outros organismos que participen da compostaxe, e cubrir cuns 10 cm. de restos de poda triturados para facilitar a aireación.

Realizar o proceso de compostaxe: Tan sinxelo como que logo de cada bolsa ou caldeiro de restos orgánicos  que botemos ao composteiro, deberemos cubrilos coa mesma cantidade do que se lle chama estructurante que non é mais que follas, céspede seco ou restos de madeira triturados. Deste xeito, absorberase a humidade dos restos orgánicos impedindo que apodrezan e facilitando o proceso da compostaxe. Ademáis, cada dúas ou tres semanas deberemos remover os restos do composteiro sempre co obxectivo de airear a mestura.

Cándo obteríamos compost?

Non é un proceso inmediato, precisaremos 4 e 9 meses para obter compost que podería ser empregado en cultivos e plantacións.

Por que compostar?

Moita xente pensa que somentes é interesante por ser abono gratis, pero a compostaxe, aparte de por obter abono natural de alta calidade e gratis, ofrece moitas outras vantaxes:

  • Axuda a mellorar a calidade do aire: Calcúlase que cada cidadán que composta os seus orgánicos -en lugar de introducilos no ciclo do lixo- aforra uns 155 kilos de emisións de CO2 á atmosfera ao ano co que iso supón de impacto no cambio climático. Tamén porque ao reducir a queima de lixo reduces os efectos que producen o fume, cinzas, e produtos tóxicos (reaccións alérxicas, ataques de asma e aumento da toxicidade da atmosfera).
  • Prevén a erosión do solo: A súa incorporación no solo permite mellorar a súa estrutura, reducindo os problemas de compactación e evitando a erosión. Ademáis aumenta a capacidade de retención da auga co que reducimos a cantidade de auga a empregar no rego dos cultivos.
  • Como xa comentaramos, reduce a cantidade de residuos dos vertedoiros (un 53% menos). E de cada 100 kilos de material orgánico que botamos no composteiro, acadaremos aproximadamente 30 kilos de compost.
  • Contibúe á continuidade do ciclo da vida: o compost alimenta ás especies vexetais que, á súa vez, alimentarán ás especies animais.
  • Promove a biodiversidade: porque no proceso de formación do compost interveñen microorganismos, bacterias e insectos como as miñocas.
  • Son alternativa dos abonos sintéticos: o abono que se obtén do proceso de compostaxe permite que se reduza o uso de fertilizantes químicos, que non só contaminan os acuíferos (por un exceso de nitratos), senón que tamén contaminan durante o proceso de producción, embalaxe e transporte co que reduciremos a pegada de carbono.

Cómo empregar o compost?

O compost pódese empregar en dúas etapas diferentes: cando está fresco ou semimaduro, e cando está maduro.

O primeiro estado chega, entre 4 e 6 meses logo de comezada a compostaxe e se caracteriza porque se poden distinguir os seus compoñentes orgánicos. Pódese empregar para acolchar o chan aredor de árboles frutais, ou en hortos de espinacas, cogombros, patacas, apio, millo, etc. pois ao ter un alto porcentaxe de nutrientes fáciles de asimilar, xera un crecemento máis rápido destas plantas.

O compost maduro conséguese logo de 8 meses que a materia xa é humus e emprégase para os demáis usos no xardín: para abonar o solo cuberto de céspede, para abonado en macetas…


Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Cambio climático, Contaminación, Contaminación solos, Educación ambiental, Medioambiente e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta