O MAL BAIXO OS TEUS PÉS

Que está a acontecer, hoxe en día nos nosos fogares, que prexudica a nosa saúde e do que case ninguén se decata?

En 1900, o científico Friedrich Ernst Dorn, mentres estudaba a presión dun gas que se atopaba nunhas ampolas que contiñan un composto de radio, descubriu o quinto elemento radioactivo coñecido ata aquel momento, o radón.

Desde fai 25 anos, profesores e investigadores da Universidade de Santiago de Compostela e do Instituto de Investigacións Sanitarias, están a medir a gran presenza deste gas nobre, na provincia galega.

  • Onde o podemos atopar?

A maior cantidade podémola atopar en Ourense, cun 33%, logo temos a Pontevedra, cun Evidencian la relación del radón y el cáncer de pulmón28%, posteriormente a Coruña, con 19% e por último, co menor porcentaxe, a Lugo, cun 15%. Mediante un cálculo realizado polos investigadores de Santiago, podemos saber que, de 53 comarcas que temos en Galicia, 30 presentan un risco alto de concentración de radón.

Nas vivendas, este gas atopámolo xeralmente nas zonas baixas da casa, como no soto ou no garaxe xa que é moito máis denso ca o aire.

  • Como entra este gas ás nosas casas?

Para entrar na vivenda, o radón pasa a través de fisuras no cemento, polo soto ou garaxe, atravesando así os seus muros. Pode entrar tamén, a través do interior da cámara de aire dos muros ou, a partir dos condutos de saneamento.

Este gas tamén pode chegar as nosas casas póla auga dos pozos ou polos mananciais. Aínda que a cantidade é insignificante, o radón está presente na auga potable que extraemos destes lugares, polo que, pasa ao aire nos espazos interiores e a cantidade de radón que inhalamos, é moito maior da que bebemos.

Problemas no medio ambiente:

  • O radón é coñecido como o contaminante silencioso xa que non ten color, nin sabor nin olor. Como este se pode atopar na auga, as especies que viven nos océanos ou ríos, están expostas a este gas.
  • Como o radón emana facilmente do solo ao aire, este desintégrase e emite partículas radioactivas.

Problemas nos seres humanos:

  • O maior problema que xera, é o cancro de pulmón. Para as persoas que non fuman, este é o principal problema, pero, para aqueles que si fuman, este é o segundo problema. Detectouse por primeira vez este efecto, cando a maior parte das persoas que traballaban en minas de uranio, comezaron a padecer cancros de pulmón. 
  • Ata agora aínda non se certificaron máis tipos de cancros ou efectos provocados polo radón. O que si se sabe con certeza é que este gas, cando o inhalamos, chega a outros órganos ademais dos pulmóns, pero en cantidades menores.

Como podemos reducir a súa concentración?

  • Mellorando a ventilación. Isto é fundamental xa que se pode chegar a reducir ata un 50%.
  • Selando as paredes e os solos para evitar a súa entrada por pequenas fisuras.
  • Non fumar dentro das vivendas. Así evitaremos as sinerxías entre os dous contaminantes.
  • Empregando detectores específicos que nos axuden a saber a concentración total no noso fogar, para así poder controlalo e eliminalo.


Fontes de investigación: Consellería de Sanidade  Organización Mundial da Saúde.

Esta entrada foi publicada en Contaminación aire, Contaminación ríos, Contaminación solos e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta