A integración de enerxías renovables na nosa vivenda permítenos coidar o medio ambiente, así como aforrar electricidade. Un exemplo desta enerxía é a producida polos paneis solares.
Como funcionan as plantas fotovoltaicas
Os paneis fotovoltaicos permiten o autoconsumo, é dicir, xerar a nosa propia enerxía eléctrica. Desta maneira, aproveitamos a enerxía do Sol e convertímola en enerxía verde (renovable), disminuindo así o uso de enerxías non renovables (como pode ser o petróleo).
Aínda que o emprego deste tipo de autoconsumo está en constante crecemento, a UNEF e o instalador de enerxía solar indican que, ao ritmo de aumento desta tendencia, España podería tardar ata 64 anos en ter o mesmo consumo solar que Alemania (se Alemania non instala ningún megavatio máis, e sabendo que Alemania ten a metade de horas de sol anuais que España).
Estas son algunhas das razóns polas que consumir enerxía solar:
Rentabilidade
Dependendo do consumo de cada casa ou empresa, instalando placas solares pódese reducir a factura da luz ata un 50%. Sóese dicir que o prezo dos paneis solares é elevado, sendo así unha inversión importante, pero a amortización da mesma é rápida.
A UNEF e Solarmente comentan nun comunicado que “todo está a favor para que a sociedade faga a transición cara a enerxía limpa” e á súa vez láianse de que esté extendida a idea de que non é rentable.
Información beneficiosa se queres ter paneis solares
Sostenibilidade
A consumición de enerxía solar da lugar á independencia cara combustibles fósiles, facendo unha notable disminución da contaminación ambiental. Aínda así, isto tamén ten unha contaminación indirecta; a fabricación, transporte e reciclaxe dos paneis xeran residuos.
Pensamentos no futuro dos paneis solares para reducir o dano dos residuos
Ademais, o Sol ten unha fonte de enerxía ilimitada, polo que non existe preocupación.
Conservación de recursos
Os recursos naturais, como poden ser o petróleo, o gas e o uranio son escasos e poden chegar a esgotarse, a enerxía solar non, e ten dispoñibilidade global.
Tamén é certo que dependendo do país, aínda que se trate dunha enerxía ilimitada, as horas dispoñibles de sol poden afectar a determinados lugares onde o tempo non sexa bo. Aínda así, a tecnoloxía avanza rápido e existen placas solares con funcionamento en días anubrados e incluso de noite. Os días de chuvia tamén son certamente favorables de vez en cando, xa que o auga limpa os paneis solares do polvo e suciedade.