PETROBASURUS

Os combustibles fósiles son unha serie de sustancias e gases formados a partir de restos animais e vexetais. Estes restos sofren un proceso de descomposición en certas capas do solo que dura millóns de anos e poden converterse en carbón, petróleo ou gas natural. Están formados por moléculas de carbono e hidróxeno chamadas hidrocarburos.

Son unha fonte de enerxía primaria, xa que se poden obter directamente sen precisar ninguna transformación. Teñen un alto poder calorífico polo que son usualmente utlizados en centrales termoeléctricas, en dispositivos que funcionan con calor, en motores, para climatización de ambientes, na cociña,…

O maior problema dos combustibles fósles é que non son renovables. Son restos de fai millóns de anos, polo que son esgotables xa que chegaremos a un punto no que non queden máis, e tamén contaminan severamente o medio ambiente. Nun ano consumimos o que se tardou en producir millóns de anos, seguindo este ritmo tese previsto que se esgoten para o 2050.

A queima de combustibles fósiles produce CO2, o cal e liberado a atmosfera. As consecuencias máis importantes do uso de combustibles fósiles son:

  • O efecto invernadoiro: é a capacidade da atmosfera terrestre de reter o calor. Esto é posible, en parte, grazas ao CO2, os combustibles fósiles aumentan este porcentaxe de CO2 na atmosfera, o que deriva no exceso de temperatura ou calentamento global que ten como consecuencia o coñecido cambio climático. Ao aumentar a temperatura, os glaciares derrétense e aumenta o nivel do mar.
  • Choiva ácida: a combustión de combustibles fósiles tamén libera importantes cantidades de óxidos de xofre e nitróxeno os cales reaccionan con gases da atmosfera e precipítanse en forma de ácidos (sulfúrico e nítrico) o cal acidifica a auga. Todo esto causa danos na vexetación, edificios, estruturas metálicas e vehículos e acelera a contaminación da terra e a auga.
  • Conflitos bélicos: os xacementos de combustibles fósiles están situados en zonas determinadas do globo terrestre. O ser humano quere explotar e aproveitarse desos xacementos, o cal causa conflitos, guerras ou tensións sociais entre os países que dependen dos combustibles.
  • Risco de morte: a contaminación do aire é unha ameaza para a nosa salude e economía. Anualmente morren 4,5 millóns de persoas pola contaminación do aire que fainos máis propensos a padecer ataques, cáncer de pulmón e asma.

Debido a todas estas razóns os combustibles fósiles deberían ser remprazados por outras enerxías que non contaminen, como a enerxía nuclear ou as renovables que se atopan na natureza:

  • Solar: A enerxía solar aproveitase facendo uso dos paneis solares. O funcionamento dos mesmos baséase na célula solar fotovoltaica a cal transforma a enerxía solar directamente en enerxía eléctrica.
  • Eólica: A enerxía eólica xérase con turbinas, as cales están integradas nos molinos de vento. O vento impulsa as aspas dos molinos as cales están unidas mediante un exe de transmisión á turbina que fai xirar un xerador eléctrico que produce electricidade.
  • Xeotérmica: Este tipo de enerxía aproveita o calor subterráneo coas bombas xeotérmicas, o cal se produce constantemente. Actualmente as persoas usan o calor xeotérmico para bañarse, calefaccionar edificios e xerar electricidade.
  • Hidráulica: Esta enerxía obtense co movemento de turbinas hidráulicas movidas pola auga. As presas reteñen a auga e vana liberando controladamente para que mova as turbinas e xere electricidade. A enerxía mareomotriz aproveita a subida e baixada das mareas e a enerxía undimotriz aproveita o movemento das ondas polo vento.
  • Biomasa: A biomasa é unha fonte de enerxía que aproveita os restos de materia orgánica dos seres vivos para producir enerxía térmica, eléctrica ou mecánica. Os métodos de obtención de dita enerxía son maioritariamente combustión e gasificación. Un derivado da biomasa é o biocarburante/biocombustible o cal é unha mezcla de sustancias orgánicas que utilízase de combustible nos motores de combustión interna.


Esta entrada foi publicada en Contaminación, Contaminación aire, Contaminación océanos, Contaminación solos, Medioambiente e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta