ADEUS AO 10% DOS ALIMENTOS

1280px-afloramientos-de-sal_4_980x400

A FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura) avisa de que a erosión do solo é unha gran ameaza para o chan. Din que no 2050 reducirase a produción de alimentos nun 10% da produción agrícola anual debido a este fenómeno. A erosión prodúcese de forma natural pero a actividade humana fai que se vexa un proceso acelerado significativamente, incrementandóo ata 1.000 veces. Isto vaise ver afectado no incremento do prezo dos alimentos.

Conforme a España, segundo os datos do 2017 ofrecidos por MITECO (Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico), perdéronse 14,2 toneladas por hectárea e ano por culpa da erosión. Ademáis, a FAO estima que se produce una perda do solo por erosión por culpa da agua, do laboreo e pola acción do vento en terras traballables.

A salinización afecta xa a un 20% das terras.

A salinización afecta xa a un 20% das terras.

“A salinización é un dos problemas mundiais máis importantes para a produción agrícola, a seguridade alimentaria e a sostibilidade, especialmente nas rexións áridas e semiáridas”. Por isto, a través da campaña ‘Deter a salinización dos solos, aumentar a súa productividade’, preténdese que a xente lle dea a importancia que ten a manter os ecosistemas ‘saudables’ na loita coa salinización para mellorar a saúde do solo.


Con motivo do Día Mundial do Solo, celebrado o pasado cinco de decembro, a Asociación Española Agricultura de Conservación. Suelos Vivos (AEACSV) informa de que a erosión tamén afecta á biodiversidade xa que existen 13 cuatrillóns de organismos vivos en só 8 centímetros de chan.

Para evitar a perda do solo, temos que aplicar técnicas como a rotación de cultivos, diminuir o uso de fertilizantes químicos, evitar a tala de árbores en ladeiras empinadas, empregar barreiras para previr a escorrentía ou a compostaxe.

Temos que concienciarnos deste proceso, aínda que a moita xente non lle pareza relevante porque non estean achegados á agricultura, xa que conleva moitas consecuencias a longo prazo que van influir nun futuro a toda a poboación.

 

Esta entrada foi publicada en Medioambiente e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta