PEQUENOS CAMBIOS E GRANDES BENEFICIOS

A ecoloxía é a ciencia que estuda o mundo dos ecosistemas, os seres vivos nun hábitat; e o ecoloxismo, é un movemento sociopolítico e tamén un movemento da ecoloxía, que se preocupa polo benestar da natureza.

Os obxetivos do ecoloxismo son bastante amplos dentro da protección do medio ambiente, por exemplo:

  • Protexer ao medio ambiente.

  • Mellorar a educación ambiental.

  • Fomentar o uso de produtos que teñan menor impacto mediombiental.

  • Promover o reciclaxe para non danar os ecosistemas.

  • Crear leis de responsabilidade ecolóxica.

  • Diminuír a pegada ecolóxica, que analiza o consumo e a produción de desfeitos dunha poboación determinada.

Este movemento, nace para mellorar necesidades sociais e de saúde do ser humano, deste xeito, protexendo o medio ambiente. O ecoloxismo ten tres partes fundamentais: a conservación e rexeración dos recursos naturais, a preservación da vida silvestre e a redución de contaminación e mellora da vida urbana. Este movemento, inclúe tanto ao ser humano como a outras especies.

Como podemos axudar ao ecoloxismo?

Para contribuír neste movemento, non é necesario facer grandes cambios repentinos na túa vida, simplemente pouco a pouco facer xestos que axuden ao medio ambiente, e deste xeito, ir incluíndoos na nosa vida cotiá.

Algunhas das cousas que podemos facer son: comprar produtos que precisemos de verdade, e non comprar por comprar; reutilizar o que sexa posible en vez de tirar; intentar non utilizar plástico que só se lle poida dar un uso, xa que hoxe en día o plástico é un dos grandes causantes do cambio climático; utilizar produtos ecolóxicos, por exemplo na limpeza, o limón e o vinagre; usar a auga responsablemente; evitar produtos de obsolencia programada (produtos que teñen duración limitada); realizar actividades ao aire libre, sempre que sexa posible; evitar produtos que sexan moi contaminantes e que poidamos substituír por outros e darlle importancia a empresas/organizacións que contribúen co benestar do medioambiente.

Actualmente, debido a pandemia, atópanse un montón de máscaras tiradas polo chan, isto fai que moitos dos animais, por exemplo acuáticos, se enreden nelas. Tamén estamos sufrindo un cambio climático, unha extinción de especies, a contaminación e o esgotamento de recursos, moitos destos problemas, causados polo ser humano. Os principais causantes do cambio climático son o uso de transporte contaminante, a industria e os gases que producen, a produción abundante de residuos e a deforestación. Para evitar isto, no caso do transporte, por exemplo, podemos substituír o transporte que use combustible por eléctricos, como os coches eléctricos, que contaminan menos.

Para dar visibilidade a este tipo de movementos e a situación actual, existen varias organizacións que se adican a informar e a dar novas alternativas máis sostibles, como Greenpeace.

Fuentes: Manos Verdes, Greenpeace, Wikipedia.


Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Ciencia e Sociedade, Contaminación, Educación ambiental, Medioambiente e etiquetada , , , , , , , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta