Reciclemos xuntos

Reciclar, é unha medida importante e a ter en conta cando falamos sobre medio ambiente. Consiste en descartar aqueles produtos para convertilos nun novo material ou darlles un novo uso, evitando así o emprego de máis materias primas.

O primeiro que se nos vén á cabeza cando falamos de reciclaxe son os contedores. Cada un deles ten unha cor diferente e está asignado a un tipo de material ou materiais. A cor, é algo que recoñecemos e somos capaces de recordar con facilidade. Os distintos tipos de contenedores son:

Azul: Reciclaxe de papel e cartón, xunto cos produtos que estén formados principalmente a partir deses deles.

  • Amarelo: Plásticos (bolsas, botellas, etc), latas de conserva e bricks.
  • Verde/marrón: Materia orgánica
  • Verde (iglú): Vidros coma botellas e frascos. Neste contedor non se poden depositar cerámicas nin cristais.

Estes son os colores máis comúns  e que podemos atopar con facilidade pero hai algúns contedores especiais para outro tipo de residuos que non se atopan tan fácilmente. Estes contedores son para aqueles materiais que son máis contaminantes ou perigosos para o medio ambiente se non son ben descartados, coma por exemplo as pilas. Hoxe en día podemos atopar este tipo de contedores nas entradas dos supermercados principalmente.

Unha vez explicado como se separan os materiais a reciclar, podemos entrar nos procesos e novas utilidades que teñen cada un deses produtos.

Toda a materia organica, é decir, todo aquelo que se descompón na natureza nun período curto de tempo, é empregado como fertilizante natural na agricultura.

O papel e o cartón fabrícanse a partir de fibras de celulosa. Ao reciclalos, simplemente trituranse e, tras diferentes tratamentos, vólvese a facer esa pasta de celulosa e fabrícase de novo papel e cartón. Aínda que é un material biodegradable, ao ter un uso masivo, recíclase para evitar así a tala de tantas árbores.

O vidro é dos materias máis fáciles de reciclar, xa que pódese quentar tantas veces sexa necesario e darlle outra forma para crear un novo obxecto.

Os plásticos son os máis complexos a hora de reciclalos, xa que existe moita diversidade de plásticos e só o grupo dos termoplásticos poden ser reciclados. Este tipo de polímeros, a súa vez se divide en sete grupos, a medida que os números aumentan máis complicado será o reciclado. Para diferenciar os grupos, simlemente temos que buscar un triángulo formado por tres frechas, normalmente pódese encontrar na parte inferior dos envases. Tanto o número coma as siglas fan referencia a súa composición química.

Os plásticos deben ser clasificados acorde ó seu número, e una vez están separados procédese ao reciclado. Existen tres métodos diferentes dependendo de que uso váiase a dar a ese plástico: mecánico, químico e enerxético.

Reciclar forma parte dese proceso ao que todos chamamos 3R (reducir, reutilizar,reciclar). Este movemento do que todos temos coñecemento axúdanos, entre outras cousas, a mellorar o  noso ecosistema e reduce os gases que provocan o efecto invernadoiro


 

 

Esta entrada foi publicada en Contaminación, Medioambiente e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta