Batindo récords de deforestación

A Amazonía é un bosque tropical que abarca gran parte do noroeste de Brasil e se estende ata Colombia, Perú e outros países de Sudamérica. É o bosque tropical máis grande do mundo e é famoso pola súa biodiversidade.

Entre agosto de 2020 e xullo de 2021 a Amazonía perdeu 13.235 quilómetros cadrados de vexetación. O Goberno informou que é a maior área degradada rexistrada (nun período de doce meses) nos últimos quince anos. Comparando, a área prexudicada alcanza un área similar á de Montenegro e superior á de países como Catar, Xamaica e Kosovo.

Esta tala masiva supera ao 2020 (entre agosto de 2019 e xullo de 2020) nun 21´97%. A maior tala da que se tivo constancia desde 2006, na que foron deforestados 14.851 quilómetros cadrados. Esta información comunicouna o Instituto Nacional de Estudos Especiais (INPE). Estes datos coñécense desde a mediados de outubro.


A Amazonía expóñese a severas secas polo cambio climático. Pero a delegación brasileira quere poñerlle fin á deforestación ilegal, pretende acadar esta meta sobre 2028 e 2030.

Segundo o  INPE, os estados que máis contribuíron na deforestación no último ano foron os de Pará, co 39,75 % de toda a talla, Amazonas (17,73 %) e Mato Grosso (17,10 %),  aínda que estes son os que contan coas maiores extensións preservadas.

Daño por tala de árboles en la Amazonia brasileña crece el 54% - 21/06/2020 - EL PAÍS Uruguay

A deforestación creceu por terceiro ano seguido desde que o presidente Jair Bolsonaro asumiu o Goberno, en xaneiro de 2019. Os ecoloxistas atribúen o agravamento ao discurso  en contra do ecoloxismo de Bolsonaro, quen desarticulou os organismos de fiscalización ambiental e defendeu proxectos de explotación mineira e agropecuaria, mesmo en reservas ambientais e indíxenas.

A imposición de multas por delitos contra o medio ambiente diminuiu nos últimos anos. As medidas que foi adoptando o Goberno, ante as presións doutros países, os investidores e as ONG, non reduciron a deforestación ilegal. O despregamento de miles de soldados foi caro e ineficaz para frear o aumento da deforestación como indica o balance.

Un estudo presentado en Glasgow polo Panel Científico da Amazonia (SPA) que reúne a 200 expertos de todo o mundo, alertou que se se manteñen os actuais altos índices de deforestación, o considerado pulmón vexetal do mundo chegará a un punto de non retorno antes de 2050, que o levará a perder ata o 70 % da súa vexetación nativa.

En consecuencia desta deforestación ilegal a Comisión Europea propuxo impedir a entrada nos mercados da UE de soia, cacao, café, aceite de palma, carne de vacún, madeira e os seus derivados si proceden de zonas deforestadas.

 

Bibliografía

https://elpais.com/clima-y-medio-ambiente/2021-11-19/la-deforestacion-ilegal-en-la-amazonia-sube-y-alcanza-el-record-en-los-ultimos-15-anos.html

https://www.europapress.es/internacional/noticia-deforestacion-amazonia-brasilena-aumenta-alcanza-maximo-ultimos-15-anos-20211119063929.html

https://www.efe.com/efe/america/sociedad/la-amazonia-brasilena-registra-mayor-deforestacion-de-los-ultimos-15-anos/20000013-4679358

https://www.elperiodicodearagon.com/cambio-climatico-2/2021/11/18/record-deforestacion-amazonia-brasilena-principios-59695657.html

 

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Medioambiente, Novas. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta