O MARISQUEO EN DECADENCIA

bio 1

As rías galegas son un lugar idóneo para o cultivo e crianza de marisco grazas a un fenómeno que ten lugar nas rías chamado afloramento, este consiste en que os ventos do norte barren a auga superficial costeira para ser substituídas por outras máis frías e ricas en nutrientes procedentes do Atlántico Norte, pero debido a contaminación e quecemento global estamos a prexudicar esta mina de excelente marisco.

Nos últimos anos estase a producir unha decadencia na produción de mariscos nas augas galegas. O culpable disto é o cambio  climático  que prexudica no marisqueo e en moitos outros traballos.

É segura a existencia do cambio climático xa que se aprecia de forma notable e os expertos afirman que esto e moi grave, a produción de marisco está baixando notablemente, máis dun 3 por cento este último ano, pero a que se debe?

Ao marisco aféctalle moito o cambio climático, o aumento da temperatura da auga son esaxeradas, soben aproximadamente 0,2 grados por década e isto é mortal para o marisco e da rías galegas. Tamén afecta a gran cantidade de plásticos que se van depositar aos océanos xa que estos desintégranse lentamente quedando en forma de microplástico. O marisco aliméntase de fitoplancton filtrando a auga pero neste proceso tamén vai xunto o fitoplancton estes microplásticos os cales son prerxudiciais para os seus órganos no proceso dixestivo e incluso algúns microplásticos son capaces de colarse a través das paredes intestinais introducíndose no torrente sanguíneo.

A construción de encoros, como por exemplo o de Moraña, crea un gran impactobio 2 medioambiental xa que a través do rio chega un gran aporte de área ao banco marisqueiro da zona desaparecendo grandes lombos favorecendo así as pradarías  (herbas que invaden a zona marisqueira).

Por último a chegada ao mar de produtos químicos como deterxentes ou medicamentos tamén teñen terribles consecuencias ná vida do marisco.


Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Contaminación, Contaminación océanos, Contaminación ríos, Medioambiente e etiquetada , , , , , , , , . Garda o enlace permanente.