A ERUPCIÓN DA TERRA

Os volcáns son rupturas na codia terrestre polas que sae o magma procedente do manto. A súa formación adoita estar ligada ao movemento das placas tectónicas. Poden crearse en límites onde estas se separan formando dorsais oceánicas (bordos construtivos), creando aberturas polas que pode emerxer o magma ou en límites onde se xuntan (bordos destrutivos) nun proceso de subdución. Neste último caso unha placa intenta meterse debaixo da outra e debido á frición de ambas e a resistencia do manto á entrada da placa nel, créanse illas volcánicas en paralelo á fosa oceánica onde se dá a subdución. Tamén poden aparecer volcáns non ligados aos límites das placas tectónicas, nos sitios coñecidos como puntos quentes, isto é debido as plumas mantélicas que son correntes de magma ascendentes dende o límite do núcleo externo que poden chegar a atravesar a litosfera.

O magma é, principalmente, rocha fundida no interior da terra entre 700 e 1300 grados Celsius. Ao estar nun estado de fluidez e máis quente que a rocha que o rodea o magma tende a subir e buscar un punto débil ou saída pola que emerxer á superficie, cando sae deixa de ser magma e pasa a chamarse lava. Desta manera orixínanse as erupcións volcánicas, a lava vai esvarando arredor do cráter e a medida que vai solidificando o tamaño do volcán aumenta. Ditas erupcións poden durar dende días, semanas, meses ata anos. A erupción máis longa da que se ten constancia foi a do volcán Yasur, en Vanuatu cun total de 2970 meses activo. Cabe destacar que pode haber haber volcáns inactivos como o Kilimanjaro ou o Monte Fuji e volcáns en continua actividade como o Etna ou o Kīlauea.

Para predecir as erupcións volcánicas empréganse sismógrafos para detectar tremores que poidan indicar a ascensión do magma ou outras técnicas para medir cambios no calor do volcán. Tamén existen protocolos de evacuación que se poñen en práctica para garantizar a seguridade da poboación.

A parte da lava, os volcáns expulsan máis elementos cando erupcionan, a nube de fume tan característica dos volcáns adoita estar formada maioritariamente por vapor de auga pero tamén dióxido de xofre, cloro, hidróxeno e argón. Cabe destacar tamén os materiais piroclásticos. Todos estos elementos teñen repercusión no medio ambiente e na saúde. Por exemplo, o dióxido de xofre combinado con partículas ou a humidade do aire produce a choiva ácida, o cloro en caso de chegar á capa de ozono destrúe todas as partículas de ozono que entren en contacto con el. Os piroclastos son nubes de cinza ou trozos sólidos de material volcánico que circulan a través do aire ou o vapor, as oleadas de piroclastos son moi perigosas ya que poden orixina lumes e matar ou quemar a persoas ou animais. Dentro deles, dependendo do diámetro dos fragmentos, clasifícanse en cinza, lapilli ou bombas volcánicas.

Ao longo da historia da humanidade houbo numerosas erupciones que se fixeron famosas polas catástrofes que desencadearon, como por exemplo:

  • O volcán Vesubio, Italia, que foi a perdición de Pompeia e Herculano no 59 a.C.
  • O volcán Tambora, Indonesia no ano 1815 deixou máis de 71.000 mortos e cambios catastróficos na temperatura global.
  • O volcán Nevado del Ruiz situado en Colombia entrou en erupción en 1985 e causou 25.000 víctimas e a desaparición dunha cidade: Armero.
  • O volcán Laki en Islandia tivo grandes repercusións no clima europeo e deixou máis de 9.000 mortos e o 50% do gando morto.
  • O volcán Cumbre Vieja, na Palma de Gran Canaria erupcionou en 2020 e estivo activo durante 85 días e deixou a moitas familias canarias desaloxadas e sen fogar, concretamente 3 feridos e 700 evacuados e danos valuados en máis de 840 millóns de euros.


Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Clima e meteoroloxía, Contaminación, Dinámica interna da Terra, Educación ambiental, Medioambiente, Xeral e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta