Bosque tropical + humanos = deserto

Nos últimos 13 anos a deforestación arrasou corenta e tres millóns de hectáreas en todo o mundo, acabando con bosques e selvas de forma masiva. Zonas de bosques do tamaño de Panamá pérdense cada ano por culpa da sobreexplotación humana cara aos bosques.

España é causante da deforestación de 32.900 hectáreas de selva cada ano. A este ritmo, as selvas tropicais e os bosques pluviais poderían desaparecer completamente dentro de cen anos se continúa o ritmo actual de deforestación.

Algunhas das consecuencias máis graves desta tala masiva son:

-Ao talar as árbores a terra queda desprotexida e acaba erosionada por factores como: o vento, a choiva e a luz solar. Os bosques protexen á Terra da radiación solar, sen as súas altas copas a radiación incide directamente sobre a terra.

deforestacion-y-extincion-de-especies– Sen as árbores absorbendo dióxido de carbono e expulsando osíxeno aumentaría máis os gases de efecto invernadoiro. Se se segue coa actual taxa de deforestación mundial o efecto invernadoiro incrementará ata chegar a un punto irreversible.

 

– A deforestación de bosques e selvas suporía a extinción, a supervivencia de miles, ou ata millóns, de especies animais e vexetais. A perda de biodiversidade resulta significativamente perigosa no caso das especies que viven nas árbores, dado que perderían o seu fogar e fonte de alimento principal. A perda da biodiversidade é consecuencia directa da destrución de ecosistemas debido á tala masiva de árbores.

 

incendioportada

– O terreo é máis vulnerable ante os incendios. Esas zonas deforestadas son propensas a secas e incendios. A ausencia de seres vivos perturba o equilibrio ecolóxico, alterando o clima do lugar.

– Os bosques liberan vapor de auga á atmosfera, isto axuda a manter húmido o terreo. O aire dunha zona convértese en demasiado seco cando non hai árbores ao redor. Facéndoo máis propenso a sufrir incendios.

A deforestación vista desde o espazo é aínda máis impresionante que vista desde o chan. Grazas a plataforma Google  Earth creouse un vídeo coa evolución do aspecto da superficie terrestre. No vídeo móstranse cambios sorprendentes e alarmantes. Vemos como de rápida é a talla masiva que sofren os bosques de todo o mundo. Poderíase dicir que o tempo entre 1984 e 2020 é un período relativamente curto pero os cambios son escandalosos.

 

imagen_2022-02-04_161037

De pequenas parcelas deforestadas no medio dun bosque pasan a ser superficies  desérticas e devastadas. En 2017, a superficie forestal destruída no planeta Terra era de 40 campos de fútbol por minuto. Segundo Global  Forest  Watch, ao ritmo actual, prevese que o 60% da selva amazónica desapareza en 2050. De momento, calcúlase que a Terra xa perdeu case a metade dos seus bosques. Durante a última década, estivéronse perdendo anualmente 4,7 millóns de hectáreas de bosques, con Brasil, a República Democrática do  Congo, Indonesia e Bolivia entre os países máis afectados.


Bibliografía

https://www.informacion.es/medio-ambiente/2022/02/03/impactante-video-deforestacion-planeta-vista-espacio-62254449.html

https://www.univision.com/noticias/medio-ambiente/contaminacion-cambio-climatico-astronauta-estacion-espacial-internacional-fotos

https://www.nationalgeographic.es/medio-ambiente/deforestacion

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Cambio climático, Clima e meteoroloxía, Contaminación, Contaminación solos, Medioambiente. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta