FERTILIZAR SEN ABUSAR

España é un dos países da Unión Europea con maior superficie agrícola dedicada ao cultivo. Os principais cultivos en España son os cereais, oliveiras, viñedos, froiteiras e hortalizas. Durante o seu período de cultivo, engádenselles algúns productos químicos. Sabes se estes teñen algún lado negativo?

Pois si, si que o teñen. Os agrícolas empregan fertilizantes no seu cultivo.  Os fertilizantes son substancias ricas en nutrientes e empréganse para mellorar as condicións do solo para un maior desenvolvemento dos cultivos. En pouca cantidade non son daniños, ao contrario, son moi útiles, pero en exceso nada é bo. Son perigosos sobre todo para o medio ambiente xa que o nutriente sobrante pode contaminar as augas superficiais ou subterráneas e tamén pode chegar a crear gases de efecto invernadoiro.

Galicia, ao igual que moitos outros lugares de España, ten un alto consumo destes fertilizantes debido as plantacións de viñedos. Tamén é verdade que consume moito menos ca outras comunidades como Andalucía e Castilla e León. O consumo destes químicos diminuíu bastante na última década, pero o seu exceso segue sendo moi elevado en todo o país.

Estes son os causantes da variación do Ph do solo, do deterioro da estrutura deste, e danan tamén a micro fauna que se pode atopar nel como: arácnidos, anélidos, moluscos,…

A medida que as plantas e o solo transforman os fertilizantes en nutrientes útiles, tamén se xeran algúns subprodutos, que son gases de efecto invernadoiro, como o dióxido de carbono, óxido nitroso e metano. Todos estes gases son contaminantes para a nosa atmosfera.

Os fertilizantes relaciónanse co cancro gástrico, cas malformación de nacemento, ca hipertensión e incluso co cancro de testículo. Estes son algúns dos exemplos máis coñecidos pero, o que realmente ten máis impacto na saúde, e a metahemoglobina, causada polo consumo de auga contaminada por estes nitratos.

Nos animais os efectos son a longo prazo. Hai presenza destes residuos na bioamplificación a través das redes tróficas provocando así a extinción dalgunhas especies e tamén nos alimentos especialmente de orixe animal.

  • Medidas de prevención. 

            O aseo persoal é moi importante.

            Empregando EPIS (gafas,  protección das vías respiratorias, guantes,…).

            Vacinándose tamén podemos reducir o risco de padecer algunha destas enfermidades.

            Establecendo medidas de control destes nitratos.

            En vez de empregar fertilizantes químicos, unha opción con garantía de saúde e sostible, son os fertilizantes naturais (cáscaras de ovos, esterco, humus de verme,…).


Fontes de investigación: ChemicalSafty e Geoinnova.

Esta entrada foi publicada en Contaminación aire, Contaminación ríos, Contaminación solos, Medioambiente e etiquetada , . Garda o enlace permanente.