NOVA VIDA

Unha nova especie.

Unha especie é un conxunto de organismos, por exemplo persoas, animais ou outro tipo de seres vivos que poden cruzarse entre elas e dar novos individuos. Entón, grazas ao paso do tempo e outras circunstancias, da lugar a aparición de novas especies, similares a outras que xa existen pero con pequenas diferenzas, este proceso chámase a especiación.

Fai moitos anos, fixéronse estudos e descubrimentos de como apareceron por primeira vez as especies. Charles Darwin foi un naturalista que tivo unha teoría propia, e unha das máis importantes, chamada “A Teoría da evolución”, que centrábase na evolución biolóxica e explicaba que os seres vivos tiñan unha orixe e ían evolucionando co paso do tempo.

A especiación pode orixinarse de tres formas:

Filética: cando unha especie se transforma noutra polo paso do tempo e polas condicións ambientais.

  • Secundaria: cando hai dúas especies e estas crúzanse formando unha nova.
  • Primaria: Unha especie evoluciona pola adaptación as novas condicións e así crea novos seres vivos.

Esta, tamén se pode clasificar segundo a distribución xeográfica, hai 3 tipos, e son os seguintes:

  • Especiación alopátrica: é a especiación que se produce por unha barreira xeográfica. Por exemplo, si unha poboación de escaravellos está separada por un ría, a selección xeográfica actuará de diferente forma a cada lado.
  • Especiación parapátrica: Non hai barreiras xeográficas, e as especies poden convivir xuntas pero non o fan, debido a súa distribución no territorio e a circulación dese fluxo xenético.
  • Especiación simpátrica: Dase nun mesmo sitio xeográfico, entre especies que habitan no mesmo lugar.

Por qué é tan importante a especiación?

Grazas a existencia da especiación, mirando moitos anos atrás, existe unha gran variedade de organismos, animais, plantas e outros moitos tipos de seres vivos. O que quere dicir que a especiación fai posible a evolución da biodiversidade.

Ao longo da vida, tamén hai desaparición de moitas especies debido as situacións ambientais, e ao igual que a especiación son procesos naturais que fan posible a evolución na Terra.

Charles Darwin describiu no libro “A orixe das especies” o que era a selección natural, que é un proceso imprescindible na evolución das especies, no cal os organismos máis débiles e menos desenvolvidos morren e os máis fortes viven.

Ao largo de todo o 2021, descubríronse novas especies, entre elas: 14 escaravellos, 12 babosas de mar, 9 formigas, 7 peixes, 6 escorpións, 5 estrelas de mar, 5 plantas con flores, 4 tiburóns, 3 arañas, 2 plumas de mar (animais con forma de pluma), 1 musgo, 1 cabaliño de pipa pigmeo (cabaliños de mar moi pequenos), cecilias (anfibios con forma de lombriga. Todas estas, especies similares a outras que xa existían.

Hoxe en día, a biodiversidade estase perdendo moi pouco a pouco, polo cambio climático, a contaminación e outros moitos factores, por iso, que sigamos descubrindo novas especies é moi importante.

Fontes: National GeographicWikipediaLifeder.


Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Ciencia e Sociedade, Medioambiente, Xenética e evolución e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta